16 maio 2014

ALEAS-EU non esquece ás vítimas da LGTBIfobia

 

 

ALEAS-EU chama a encher as rúas de Orgullo LGTBI o 17 e 25 de maio


Malia a insistencia dalgúns sectores en que “xa está todo feito”, dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) volvemos alzar as nosas voces contra os mitos e as mentiras, contra os conformismos e a falsa paz social. Este 17 de maio non será menos, pois presenciamos e sufrimos en carne propia as consecuencias de toda unha oleada neoliberal de recortes en dereitos e liberdades que nos afecta especialmente. No entanto, temos o poder para subvertir toda unha avalancha liberal-conservadora que pretende, xa non só devolvernos ao armario, senón que comeza a cuestionar a nosa existencia.

14 maio 2014

"Sen unha revolución social contra o modelo económico da UE, non haberá dereitos LGTBI"

 

Javier Sáez, candidato ao Parlamento Europeo, expresa a súa opinión sobre os retos que temos que afrontar nesta lexislatura o colectivo LGTBI.


Segundo unha recente enquisa da Axencia Europea de Dereitos Fundamentais (FRA) sobre a discriminación LGBTfóbica (unha amplísima enquisa a 90.000 persoas LGBT), este tipo de discriminación está aínda moi estendida en case todos os países da UE. Case a metade (47 %) dos consultados sinalou que se sentiron persoalmente discriminados ou acosados por motivo da súa orientación sexual no ano anterior á enquisa. Máis do 80 % dos consultados de todos os Estados membros da UE recordan comentarios negativos ou actos de intimidación dirixidos contra mozos LGBT no ámbito escolar. Dous terzos (67 %) dos consultados declararon que «a miúdo», ou «sempre» esconderon ou ocultaron a súa condición de LGBT na súa etapa escolar ata os 18 anos de idade. Estes datos demostran a necesidade que existe na UE de impulsar de forma moito máis decidida que ata agora políticas e medidas concretas para previr e combater a LGBTfobia en Europa.