26 marzo 2014

ALEAS-EU súmase ao rexeitamento a unha lei LGTB valeira de contido


Diferentes organizacións políticas e asociacións únense para protestar contra a “Proposición de Lei pola igualdade de trato e non discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais en Galicia”


O PSdG rexistrou en xuño do 2013 unha “Proposición de Lei pola Visibilización e Non Disriminación LGTB en Galicia”. Dada a maioría absoluta do Partido Popular no Parlamento Galego, a proposición, agora coñecida como “Lei pola igualdade de trato e non discriminación de Lesbianas Gays, Transexuais, Bisexuais en Galicia” e que está próxima a ser aprobada, quedará baleira de contidos, transformarase nunha mera declaración de intencións e non suporá ningún avance nin conquista na loita polos dereitos do colectivo LGTBI.

10 marzo 2014

Na túa vila tamén se entende

'Na túa vila tamén se entende' é unha campaña de visibilidade LGTBI no rural, da man da Área de Liberdade Afectivo-Sexual (ALEAS) de Esquerda Unida. Así, ALEAS-EU realizará diferentes actos por todo o país ao longo deste ano.



Porque unha campaña de visibilidade LGTBI no rural?
A diversidade sexual é unha realidade na nosa sociedade, e non só nas cidades, senón tamén no rural. Nos pobos e vilas de Galicia viven gais, lesbianas, transexuais, bisexuais e intersexuais, ao igual que ocorre nas cidades, aínda que de xeito moito menos visible. Ás veces as propias condicións de vida do rural poden levar a esta invisibilidade, polo que consideramos preciso facer un esforzo por chegar a todas e todos vós.