Amosando publicacións coa etiqueta asociacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta asociacións. Amosar todas as publicacións

06 xuño 2016

Campaña Orgullo LGTBI 2016 "Unidas somos máis fortes. Unidas venceremos"

ALEAS-EU INSISTE NA NECESIDADE DE CREAR UNHA UNIDADE DE ACCIÓN ENTRE OS COLECTIVOS E ACTIVISTAS LGTBI

ALEAS-EU CRE QUE O EXEMPLO DA PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA É O MILLOR ESPELLO ONDE REFLEXARSE

Un ano máis achégase o 28 de Xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, no que se conmemoran os disturbios de StoneWall de 1969 en New York. Un ano máis, miramos cara o noso pasado e sentimos non só Orgullo da nosa identidade, senón tamén Orgullo da nosa historia, orgullosas e orgullosos de onde vimos e cara onde vamos.

Son moitos os espellos nos que mirarse. Moitos referentes que loitaron antes e outros que siguen loitando por un mundo para todas e todos, respectuoso coa diversidade e con admiración pola beleza que iso significa, un mundo plural. Pero tamén é moito o trab
allo que queda por diante, xa que as agresións van en aumento e aínda que os pasos dados non son en vano, quédanos moito polo que pelexar e seguir na rúa. 

03 xuño 2016

Valoración convenio económico da Xunta coas entidades LGTBI galegas


ALEAS-EU CALIFICA DE “PROPOSTA ELECTORALISTA” A CREACIÓN DUN CONVENIO SORE PROPOSTAS LGTBI A UN MES DO 26-X E PRETO DAS AUTONÓMICAS GALEGAS


Para Noel Dopazo, “esta estratexia crea certas dúbidas sobre se toda a proposta quedará en papel mollado”. Doutra banda, dende Aleas-EU ven necesaria a rápida creación dun “observatorio contra a LGTBIFOBIA” onde todas as entidades LGTBI galegas estean representadas.

27 maio 2016

A Xunta quere crear un convenio coas asociacións LGTBI galegas

NOEL DOPAZO E SUSANA LÓPEZ REÚNENSE PARA AVANZAR NA PROCURA DA NORMALIZACIÓN REAL DA DIVERSIDADE SEXUAL

Compostela, 27 de maio de 2016. O coordinador da area de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU), Noel Dopazo, foi invitado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López, co obxecto de ter unha xuntanza co fin de informarlle das medidas e actuacións que se levarán a cabo no relativo ás asociacións e organizacións LGTBI dende a Xunta, así como o traballo conxunto que se podía levar a cabo.

14 xaneiro 2016

Eva Solla apoiará unha concentración das Foanpas en Vigo

EVA SOLLA E ALEAS-EU SUMARANSE ESTA TARDE Á CONCENTRACIÓN DE FOANPAS CONTRA A HOMOFOBIA E TRANSFOBIA


Compostela, 14 de xaneiro de 2016. Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de AGE, participará esta tarde na concentración contra a homofobia e a transfobia convocada pola Federación Olívica de Asociacións de Nais e País (Foanpas) a prol da defensa da educación inclusiva.

03 abril 2014

Por unha Lei de Visibilidade LGTBI real

ALEAS-EU non apoia a “PL de Igualdade de Trato e Non Discriminación de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais en Galicia” por considerala unha fraude, e criticamos o roubo que PP, PSdG e BNG están próximos a aprobar.


Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) queremos informar por que non apoiamos a “Proposición de Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais en Galicia” que está próxima a ser aprobada no Parlamento Galego.

26 marzo 2014

ALEAS-EU súmase ao rexeitamento a unha lei LGTB valeira de contido


Diferentes organizacións políticas e asociacións únense para protestar contra a “Proposición de Lei pola igualdade de trato e non discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais en Galicia”


O PSdG rexistrou en xuño do 2013 unha “Proposición de Lei pola Visibilización e Non Disriminación LGTB en Galicia”. Dada a maioría absoluta do Partido Popular no Parlamento Galego, a proposición, agora coñecida como “Lei pola igualdade de trato e non discriminación de Lesbianas Gays, Transexuais, Bisexuais en Galicia” e que está próxima a ser aprobada, quedará baleira de contidos, transformarase nunha mera declaración de intencións e non suporá ningún avance nin conquista na loita polos dereitos do colectivo LGTBI.

15 xuño 2013

Non ao modelo de Orgullo de A Coruña!

ALEAS-EU REXEITA O MODELO DO ORGULLO CELEBRADO NA CORUÑA E APOIA A CONVOCATORIA DUNHA MANIFESTACIÓN DO ORGULLO LGTBI EN VIGO O DÍA 29 DE XUÑO

 

ALEAS-EU ABOGA POR UN ORGULLO REIVINDICATIVO E COMBATIVO LIBRE DE CLICHÉS E MERCANTILIZACIÓN


O contexto no que o colectivo LGTBI se atopa fai que sexa necesario replantearnos o noso modelo de loita. Hai unha semana publicabamos unha declaración co noso modelo de Orgullo, un documento de duro traballo creado de abaixo cara arriba e coa colaboración do tecido asociativo LGTBI estatal e de movementos sociais.

11 xuño 2013

O noso modelo de Orgullo


A modo de introdución


Na actual coxuntura de crise terminal do sistema capitalista, a esquerda transformadora debe traballar dende abaixo na conformación dun bloque sociopolítico alternativo e potente que rexeite e combata o austericidio neoliberal; que impulse non só un cambio radical de políticas, senón a construción dun sistema verdadeiramente igualitario, xusto e democrático a través dun novo proceso constituínte. No marco desta ambiciosa tarefa, as experiencias de converxencia e confluencia co conxunto dos movementos sociais toman un papel protagonista para articular a proposta política e a mobilización social, en definitiva, para construír a alternativa necesaria e urxente á ortodoxia neoliberal.

04 xuño 2013

ALEAS-EU aposta por un Orgullo reivindicativo

A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) ven de presentar unha declaración na que fai un chamamento a realizar unha manifestación unitaria do Orgullo LGTBI nacional. 

Tras pasar un ano da creación da área a nivel nacional, ALEAS-EU cre que as loitas do colectivo LGTBI non remataron e que os ataques que se están a recibir por parte dos gobernos autonómico e central, ambos do Partido Popular, deben ter unha resposta na rúa. 

Segundo Noel Dopazo, Co-coordinador nacional de ALEAS-EU, “tras a aprobación do matrimonio igualitario houbo un proceso de desactivación do texido asociativo LGTBI en todo o Estado, algo do que Galiza non quedou á marxe, posto que a socialdemocracia deu a entender que as loitas xa estaban rematadas”. Á rolda de prensa tamén acudiu a deputada por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Eva Solla, quen opina que “estes ataques non son residuais, senón que van a continuar, como podemos ver en eidos como o sanitario o una educación, polo que unha resposta unitaria de forzas de esquerda é moi necesaria”.

Así, ALEAS-EU cre que esta convocatoria unitaria debería estar convocada polas organizacións LGTBI, sendo o papel da área apoiar en todo o necesario e impulsar a movilización, tendo o papel protagonista as asociacións LGTBI galegas.  

Por último, sen censurar o carácter festivo do Orgullo, o que ALEAS-EU rexeita é a mercantilización e o uso partidista da convocatoria, como está a acontecer en cidades como A Coruña, sendo o modelo da área o correspondente a un Orgullo combativo, antipatriarcal, feminista, ecoloxista e anti-heteropatriarcal.

11 outubro 2012

AGE atende as demandas dos colectivos LGTBI

Apóstase por unha nova lei de familia, incluínte e respectuosa coa diversidade, e destácase o papel das asociacións na loita e apoio ao colectivo LGTBI.

No día de onte tivo lugar un encontro entre membros de ALEAS-EU, en representación de Alternativa Galega de Esquerda, e Nós Mesmas, asociación de Vigo pertencente á FELGTB e referente actual do asociacionismo LGTBI en Galicia. Nesta xuntanza, que tivo lugar na cidade olívica, puxéronse en común as liñas de acción en temas LGTBI e recolléronse as demandas do colectivo de cara á vindeira lexislatura.


Entre os temas que se abordaron destaca a necesidade dunha nova lei de familias, en plural, que sustitúa á lei actual promovida por Feijóo na que as familias homoparentais non teñen cabida, e se rexeita de cheo todo modelo de familia distinto ao modelo tradicional heteropatriarcal e misóxeno que promove o PP. 

En consonancia co recoñecemento e o respecto á diversidade sexual, destacouse a necesidade de fomentar o asociacionismo LGTBI, en especial nos contornos xuvenís, así como a retirada de subvencións ás entidades manifestamente homófobas.

Tanto AGE como Nós Mesmas concordan na necesidade de atender á realidade da poboación LGTBI do rural galego, onde rapaces e rapazas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais e intersexuais, carecen de referentes e apoio de cara ao seu desenrolo persoal e sexual. Tamén foron coincidentes os posicionamentos no tocante ao modelo de Orgullo LGTBI, que require dun maior protagonismo do tecido asociativo, así como recuperar o seu caracter esencialmente reivindicativo.