20 xuño 2014

ALEAS federal ante o Orgullo LGTBI: Sen feminismo non hai Orgullo


Coa campaña federal de ALEAS apostamos por un Orgullo feminista, reivindicándonos como feministas, tamén na loita LGTBI.

 


Dende o inicio da mal chamada "crise" económica e do reaccionario goberno do Partido Popular (PP), as persoas LGTBI e, especialmente, as mulleres LGTBI, vimos sufrindo unha avalancha de recortes en dereitos e liberdades que poñen en cuestión a calidade democrática do sistema no que vivimos. Pola nosa banda, seguimos preparando día a día a resposta ante o recorte dos nosos dereitos reivindicando un Orgullo feminista. 

A contrarreforma da lei do aborto impídenos exercer unha maternidade libre e desexada, supón dar renda solta á violencia legal contra millóns de mulleres, especialmente sobre aquelas que carecen de recursos para costearse un aborto fóra das nosas fronteiras, é dicir, as "de abaixo". Agora, tamén, "os nosos corpos son campos de batalla". 

O PP suprime a reprodución asistida da Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde para as mulleres lesbianas e bisexuais, negándose así ao noso dereito á maternidade como castigo por non contar cun varón para decidir. Pero por moito que lle pese aos que gobernan sobre nós, reivindicamos que a maternidade non é exclusivamente heterosexual! 

Esiximos a despatoloxización das nosas identidades; o fin das intervencións correctoras respecto da intersexualidade; e o fin de tutela sobre os nosos corpos porque tamén queremos decidir sobre os mesmos. Este Orgullo feminista berraremos de novo que as persoas transexuais non somos nós as "enfermas", senón todo un sistema que nos encasilla e nos obriga a cinguirnos a un modelo imposible de ser "home", no seu único esquema de ser "muller". Porque "os nosos corpos transforman sistemas". 

Malia todo, sabemos que si se pode. Como activistas comprometidas coa transformación social creemos firmemente no cambio, no goberno sobre as nosas vidas, os nosos afectos e os nosos corpos, no poder da xente. As mulleres e as transmaricabibollo estaremos, neste Orgullo, máis unidas que nunca. Porque queremos poñer fin ao mandato dos "patriarcas" que se arrodillan ante a xerarquía católica, punto e final aos privilexios de quen se senta nos Consellos de Administración de grandes empresas. Por todo iso, é porque o que loitamos cun Orgullo feminista.