Presentación


ALEAS-EU é a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual dentro de Esquerda Unida - Os Verdes. Esta área está adicada á loita polos dereitos e liberdades de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais, contra calquera mostra de discriminación e/ou desprezo por motivos de orientación do desexo, identidade sexual ou comportamento estereotipado.

Marcámonos como accións prioritarias aquelas dirixidas á:

  • Visibilización e normalización do colectivo LGTBI, prestando especial atención ao rural galego
  • Prevención, detección e denuncia de abusos e acoso nos ámbitos educativo e profesional
  • Maior incorporación da muller á loita LGTBI
  • Recoñecemento dos dereitos das persoas transexuais e eliminación das barreiras e obstáculos aos que teñen que facer fronte na súa vida cotiá en canto ás relacións sociais e veciñais, o acceso ao mercado laboral, na escola, etc.
  • Garantir á liberdade de toda persoa transexual ou intersexual a decidir sobre o seu propio corpo, e en consecuencia, sobre a asignación de sexo no nacemento, non limitándoa ao estrictamente xenital.

ALEAS-EU non é un departamento estanco dentro dunha formación política, máis ben ao contrario, é un espazo de traballo, debate e reflexión aberto á cidadanía, onde escoitamos todas as achegas con idependencia da afiliación política.

Non quedes a velas vir e xuntate a nós. Podes seguirnos polo blogue, as redes sociais ou acudindo a calquera asamblea aberta. Para máis información non dubides en contactar connosco.