Amosando publicacións coa etiqueta Agresión.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agresión.. Amosar todas as publicacións

10 febreiro 2016

Agresión homófoba en Compostela. BASTA XA!


ALEAS ESQUERDA UNIDA SOLIDARÍZASE COAS VÍCTIMAS DA AGRESIÓN HOMÓFOBA EN COMPOSTELA


A área de Diversidade Afectivo-Sexual de EU (ALEAS-EU) esixe medidas para loitar contra a lacra da LGTBIFobia.

31 xaneiro 2015

Ataque contra unha bicada reivindicativa na Coruña

ALEAS-EU CONDENA O ATAQUE CON OVOS SOFRIDO ONTE NA BICADA CONVOCADA NA CORUÑA POR ALAS CORUÑA E A FELTGB

ALEAS-EU CONSIDERA QUE ESTE TIPO DE SUCESOS SÓ PODEN REAFIRMARNOS NA NOSA CAUSA E ANIMARNOS A SEGUIR LOITANDO

Onte, día 30 de xaneiro, a FELGTB convocaba en 30 cidades de todo o Estado unha bicada contra as agresións LGTBIfóbicas, para visibilizar a violencia que existe contra o colectivo LGTBI e para facer ver que os que teñen o problema son os que discriminan e reprimen, non nós.

15 decembro 2014

Ante as súas agresións: RESPONDEMOS!

ALEAS-EU chama a responder ante calquera tipo de agresión LGTBIfóbica coa denuncia da mesma e coa mobilización nas rúas


O ano 2014 mostrouse especialmente duro para o colectivo LGTBI, xa que, pese aos pasos que puideramos ter dado, somos o colectivo social máis preseguido e atacado do Estado. Este pasado venres 12, aínda houbo unha nova agresión a unha parella de homosexuais por parte dun grupo de neonazis en Madrid, só un exemplo do acontecido nos últimos meses.

05 abril 2014

Máis outra agresión homófoba en Galiza

 

ALEAS-EU denuncia a agresión homófoba sufrida por un compañeiro e a súa parella en Ponteareas. Dende ALEAS-EU facemos un chamamento ao colectivo LGTBI galego a non deixarse amendrentar e a seguir vivindo as súas vidas abertamente e sen medo.


Cando dende o colectivo LGTBI berramos que loitamos pola igualdade real, polas nosas vidas e os nosos dereitos, cando berramos contra inxustizas como a “Lei de Familia” da Xunta de Galicia ou a futura “Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais en Galicia”, esa fraude, é porque as persoas LGTBI sabemos o contexto no que vivimos, sabemos ao que nos enfrontamos cada día, ao que estamos expostas.

13 setembro 2013

ALEAS-EU mostra a súa repulsa pola agresión homófoba sufrida por un compañeiro

Queremos solidarizarnos co noso compañeiro Noel Dopazo e o seu mozo, que no día de onte sufriron un ataque homófobo nun coñecido local de Compostela.


A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual quere denunciar a agresión de carácter homófobo e fascista sufrida polo compañeiro Noel Dopazo e a súa parella. Unha vez máis asistimos a un lamentable espectáculo de homofobia, protagonizado por aqueles que non teñen vida propia e se adican a destruir a dos demais, por aqueles que a frustración consigo mesmos lles leva a atentar contra a integridade física e moral das outras persoas, sexa cal sexa o motivo, neste caso por razón de orientación sexual.