Amosando publicacións coa etiqueta Xuventude. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xuventude. Amosar todas as publicacións

29 xaneiro 2014

ALEAS-EU critica a falta de contidos LGTBI no Plan estratéxico de xuventude da Xunta de Galicia 2014-2016

 

ALEAS-EU presentará unha serie de enmendas a través da deputada de AGE, Eva Solla, para dotalo de contido



A Xunta vén de publicar un plan destinado á mocidade de Galicia, o “Plan Estratéxico de Xuventude” para os anos 2014-2016, que ten como obxectivo a participación da xuventude e a organización de actos sociais e actividades formativas e lúdicas para este sector da poboación, así como investigacións e estudos sobre diferentes eidos do mesmo.