Amosando publicacións coa etiqueta represaliadxs. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta represaliadxs. Amosar todas as publicacións

07 xuño 2013

Comunicado de repulsa ao asasinato de Clément Méric



ALEAS-IU condena o asasinato do militante de esquerdas e activista LGTBI Clément Méric

En menos dunha semana coñecimos a noticia de varios actos de LGTBIfobia no mundo. O primeiro sucedeu en Rusia, onde tres individuos secuestraron e torturaron a un activista LGTBI ruso, que máis que loitar por conquistar dereitos, loitaba por sobrevivir, xa que neste país está a aumentar de forma extrema e alarmante a represión contra o colectivo LGTBI nos últimos anos.

O segundo caso nunha semana coñecímolo a madrugada do 6 de xuño, cando Clément Méric, militante do Parti de Gauche e activista LGTBI, que comenzaba este curso os seus estudos universitarios en París, recibiu unha brutal paliza por parte de tres individuos “skinhead”, na que sufriu a morte cerebral ao impactar a súa cabeza contra un elemento metálico, segundo as testemuñas.


Estas agresións violentas son a proba irrefutábel de que a loita do movimento LGTBI non fixo máis que comezar. O importante recoñecemento de certos dereitos civís nalgúns países do mundo, como a recente legalización do matrimonio igualitario en Francia, non poden facernos olvidar que estas conquistas son só un punto de partida, e nunca a meta da nosa causa. A igualdade social, real e efectiva, do colectivo LGTBI queda aínda moi lexos e debemos seguir denunciando e combatindo con determinación a violencia LGTBIfóbica e a súa impunidade.

É impensábel que a estas alturas da historia da humanidade e da loita polo recoñecemento da nosa igualdade sigamos ter que convivir con estas traxedias fomentadas polo odio e por razóns ideolóxicas, máis propias do III Reich. Estes terríbeis sucesos deben ser tomados como un toque de atención para todas e todos as/os que loitamos pola xustiza social e defendemos a igualdade de todas as persoas, posto que a crise terminal do sistema capitalista e as medidas de austericidio neoliberal, que están a asfixiar aos pobos de Europa, tamén están axitando á vella pantasma do fascismo, un inimigo que nunca foi erradicado de todo e que, como vemos en Grecia, é unha ameaza real.

Desde a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU), queremos condenar firmemente este asasinato LGTBIfóbico e mostrar o noso apoio máis cercano á familia e ás/aos amiga/-os do compañeiro Clément Méric, trasladándolle o noso máis sentido pésame nestas difíciles horas. Ao pobo francés, ao movemento LGTBI de Francia e ás/aos nosas/-os compañeiras e compañeiros da esquerda francesa, queremos trasladarlle a nosa solidariedade internacionalista e esta mensaxe clara: a mellor forma de honrar a memoria de Clément é continuar a súa loita.

Non esquecemos, non perdoamos. Ningunha agresión sen resposta! Fascismo nunca máis! Non pasarán!


10 xaneiro 2013

34º aniversario da despenalización da homosexualidade

Este 11 de xaneiro de 2013 cúmprense 34 anos da modificación da Lei de Perigosidade e Rehabilitación Social, que abriu as portas para que as últimas persoas trans, homosexuais, bisexuais e intersexuais abandoaran os cárceres de Badaxoz e Huelva, despois incluso da celebración das primeiras eleccións xerais formalmente democráticas tras a ditadura franquista e da aprobación da vixente Constitución Española.

Aínda está moi vivo o recordo das persoas LGTBI que padeceron persecución e maltrato nos cárceres franquistas e das lesbianas que sufriron internamento e “electroshocks” en centros psiquiátricos. Décadas despois da fin da guerra, lesbianas, gais, trans, bisexuais e intersexuais continuaron sendo enviadxs a distintos “centros de reeducación” para seren torturadxs. Persoas que, ademais de soportar a inxente represión desatada dende 1936, ao saír das celdas víronse obrigadas a vivir nunha prisión do tamaño dun estado, co cárcere engadido do armario que ninguén podía atreverse a abrir, nin sequera na soa presenza dxs concidadáns igualmente perseguidxs pola súa ideoloxía política.