15 decembro 2014

Ante as súas agresións: RESPONDEMOS!

ALEAS-EU chama a responder ante calquera tipo de agresión LGTBIfóbica coa denuncia da mesma e coa mobilización nas rúas


O ano 2014 mostrouse especialmente duro para o colectivo LGTBI, xa que, pese aos pasos que puideramos ter dado, somos o colectivo social máis preseguido e atacado do Estado. Este pasado venres 12, aínda houbo unha nova agresión a unha parella de homosexuais por parte dun grupo de neonazis en Madrid, só un exemplo do acontecido nos últimos meses.

01 decembro 2014

Manifesto polo 1 de Decembro, Día Internacional de Loita contra o VIH

ALEAS-EU en loita contra os recortes en Sanidade, que cada día persudican máis ás persoas con VIH


Este 1 de Decembro, día Internacional de Loita contra o VIH-SIDA, queremos visibilizar a nefasta situación na que estamos inmersas as persoas que vivimos co VIH. Resistindo unha marea neoliberal de recortes e de suspensión das canles democráticas institucionais, un ano máis volvemos pelexar pola nosa dignidade como persoas, polos dereitos e as liberdades conseguidas polas nosas irmás no pasado.

02 outubro 2014

Bicada Reivindicativa Compostela

A persecución violenta ao colectivo LGTBI non é algo descoñecido. Todas e todos nós somos conscientes de que no Estado español continúan as agresións, actos violentos e persecucións a persoas LGTBI. Isto tamén afecta a Galiza, e temos exemplos que o demostran.


 O xoves día 2 de Outubro, fará pouco maís dun ano da agresión dunha parella homosexual na cidade de Compostela.

Esta foi unha das moitas agresións que sofremos a diario en todo o país, Estado e mundo pola nosa orientación ou a nosa identidade de xénero, agresións que o goberno adícase a ignorar ou incluso a negar que existan, dando unha sensación de normalizaciónn que dista moito da realidade.

10 xullo 2014

Comunicado xuntanza co Valedor do Pobo

ALEAS-EU,diferentes asociacións LGTBI e outras organizacións políticas reuníronse co Valedor do Pobo para pedirlle que siga o funcionamento da “LEI-ESTAFA DO PP” e así garantir que sexa operativa

ALEAS-EU considera positiva a xuntanza mantida co Valedor e faralle chegar propostas de cara á futura modificación da Lei

Como por todas e todos é ben sabido, o pasado abril aprobouse no Parlamento de Galiza a “Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación de Gays, Lesbianas, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais en Galicia”, unha Lei que se presume pioneira no Estado, cando tanto a maioría do tecido LGTBI galego e esta área de traballo denunciamos que a Lei fora baleirada de contido polo Partido Popular, de aí o seu voto a favor á mesma.

01 xullo 2014

Comunicado por mor da reincorporación á docencia de Domingo Neira na USC

ALEAS-EU non entende como a USC pode readmitir a Domingo Neira como docente e advirte que a batalla aínda non rematou


No día de hoxe, fíxose público que o profesor Domingo Neira García, o docente homófobo e misóxino de Maxisterio Infantil ao cal se lle abrira un expediente polas súas leccións de odio, reintégrase á docencia na USC, logo de cumprir unha sanción disciplinaria (suspensión da posibilidade de impartir clases e retirada de soldo, durante dous meses) como consecuencia das denuncias do alumnado contra esta persoa.

Non se pode permitir que a USC reincorpore a Domingo Neira na docencia, e máis aínda despois de que o mesmo órgano directivo da universidade emitise un comunicado o pasado día 28 de xuño – Día Internacional do Orgullo LGTBI – declarando e manifestando o seu compromiso coa comunidade LGTBI e que traballará a favor da igualdade entre persoas con independencia da súa orientación sexual.