Vivimos tempos escuros, e aínda queda o peor. Non hai nin
tres días, por fin soltaron a Alfon, un rapaz que, cando se dirixía a un
piquete na folga xeral do 14N, foi detido inxustamente xunto coa súa moza ao
pouco de saír da súa casa. Pasou, practicamente, dous meses preso baixo o
réxime FIES 5, un réxime penitenciario para persoas perigosas e con alto risco
de fuga, polo que permanecía practicamente incomunicado, illado e apartado
(todo isto sen antecedentes).
11 xaneiro 2013
10 xaneiro 2013
34º aniversario da despenalización da homosexualidade
Este 11 de xaneiro de 2013 cúmprense
34 anos da modificación da Lei de Perigosidade e Rehabilitación
Social, que abriu as portas para que as últimas persoas trans,
homosexuais, bisexuais e intersexuais abandoaran os cárceres de
Badaxoz e Huelva, despois incluso da celebración das primeiras
eleccións xerais formalmente democráticas tras a ditadura
franquista e da aprobación da vixente Constitución Española.
Aínda está moi vivo o recordo das
persoas LGTBI que padeceron persecución e maltrato nos cárceres
franquistas e das lesbianas que sufriron internamento e
“electroshocks” en centros psiquiátricos. Décadas despois da
fin da guerra, lesbianas, gais, trans, bisexuais e intersexuais
continuaron sendo enviadxs a distintos “centros de reeducación”
para seren torturadxs. Persoas que, ademais de soportar a inxente
represión desatada dende 1936, ao saír das celdas víronse
obrigadas a vivir nunha prisión do tamaño dun estado, co cárcere
engadido do armario que ninguén podía atreverse a abrir, nin
sequera na soa presenza dxs concidadáns igualmente perseguidxs pola
súa ideoloxía política.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)