Este 11 de xaneiro de 2013 cúmprense
34 anos da modificación da Lei de Perigosidade e Rehabilitación
Social, que abriu as portas para que as últimas persoas trans,
homosexuais, bisexuais e intersexuais abandoaran os cárceres de
Badaxoz e Huelva, despois incluso da celebración das primeiras
eleccións xerais formalmente democráticas tras a ditadura
franquista e da aprobación da vixente Constitución Española.
Aínda está moi vivo o recordo das
persoas LGTBI que padeceron persecución e maltrato nos cárceres
franquistas e das lesbianas que sufriron internamento e
“electroshocks” en centros psiquiátricos. Décadas despois da
fin da guerra, lesbianas, gais, trans, bisexuais e intersexuais
continuaron sendo enviadxs a distintos “centros de reeducación”
para seren torturadxs. Persoas que, ademais de soportar a inxente
represión desatada dende 1936, ao saír das celdas víronse
obrigadas a vivir nunha prisión do tamaño dun estado, co cárcere
engadido do armario que ninguén podía atreverse a abrir, nin
sequera na soa presenza dxs concidadáns igualmente perseguidxs pola
súa ideoloxía política.
Por entón, foron moitas as persoas que
arriscaron a súa vida polas liberdades que hoxe disfrutamos e a
igualdade legal que comezamos a conquistar. Unhas simplemente
mostrándose tal como eran moito antes de que teorizáramos sobre a
visibilidade como a poderosa ferramenta política que hoxe é.
Outras, creando os espazos onde poder sobrevivir, que hoxe tan
inxustamente se desprezan como “guetos gais”. E, outrxs tamén,
construíndo organizacións propias en condicións de extremo
illamento, ou traballando con infinito tesón para que as xa
existentes integraran a diversidade afectivo-sexual nos seus
discursos. Sen embargo, quenes loitaron polos nosos dereitos e
liberdades construíndo así a democracia; quenes iniciaron a
destrucción daquelas dobres e triples cárceres, dobres y triples
armarios, non foron aínda valoradxs nin recoñecidxs.
Por todo iso, dende a Área de
Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS) de Esquerda Unida
queremos manifestar:
-A nosa firme condea ás miserabeis
medidas persecutorias do Partido Popular, que pretende terminar no
transcurso do ano 2013 coa posibilidade de reclamar indemnizacións
para as persoas represaliadas pola súa orientación sexual ou
identidade de xénero. Unha mostra máis das medidas orzamentarias
que pretenden agochar agresións con motivación puramente
ideolóxica.
-A nosa denuncia das ridículas
cuantías e as condicións impostas no seu día polo PSOE para estas
reclamacións, que convertiron tal posibilidade legal en inaccesíbel
para as miles de persoas afectadas, gran parte delas anciás en
condicións de exclusión social a causa da represión sufrida, que
hoxe deveñen auténtica miseria.
-A nosa reclamación de auténtica
xustiza e reparación, tanto en relación ás condeas en virtude das
leis discriminatorias franquistas, como nos demais procesamentos
políticos, cuxa impunidade non foi alterada no máis mínimo pola
lexislación meramente paliativa sobre Memoria Histórica, cuxa
aplicación hoxe o Partido Popular pretende imposibilitar.
Hai agora 34 anos as personas LGTBI
estiveron en primeira liña das rúas loitando coa esquerda pola
liberdade e a igualdade de dereitos para todxs. Actualmente o marco
legal pactado polo PP e o PSOE naquela chamada “transición” está
permitindo desmantelar todo proxecto de políticas de recoñecemento
e protección da diversidade e da igualdade de dereitos. E hoxe, como
entón, lesbianas, gais, trans, bisexuais e intersexuais rebelámonos
nas rúas. Con Esquerda Unida e co resto de organizacións e
movementos sociais que reclaman, non xa unha mera alternancia
bipartidista, senón un auténtico cambio de réxime que será de
todxs, con todxs e para todxs, ou non será.
Alberto Hidalgo – Coordinador Federal
de ALEAS-IU