Os Nosos
dereitos non se recortan!
O 28 de xuño conmemoramos o Día do Orgullo LGTBI, un día de
ledicia, rabia e memoria. Ledicia
para celebrar as importantes conquistas que o movemento LGTBI alcanzou nos
últimos anos, avanzando sen se rendires na súa firme loita pola igualdade e a
diversidade. Rabia para espertar e rebelarnos ante unha realidade que nos sigue
invisibilizando, discriminando e oprimindo, pero tamén para defender con unllas
e dentes os dereitos que tanto esforzo nos custou acadar e que hoxe corren
serio perigo. Por último, memoria para non esquecer o noso pasado, para
recordar o compromiso militante de varias xeracións de activistas LGTBI que
desde os suburbios de New York, desde as prazas de Buenos Aires ás ramblas de
Barcelona, arriscaron as súas vidas por conquistar máis igualdade e máis
liberdade en tempos non tan lonxanos.