22 marzo 2013

Xornadas federais de ALEAS-IU 2013

A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Izquierda Unida (ALEAS-IU) convídavos a participar nas súas xornadas federais de debate e formación que este ano celebraranse os días 6 e 7 de abril en Santiago de Compostela (A Coruña), organizadas por ALEAS-Esquerda Unida.

Esta edición leva por título "Reimpulsando a loita LGTBI fronte á crise do Réxime" e pretende articular un espazo de encontro e diálogo entre a esquerda política e o movemento LGTBI co obxectivo de plantexar alternativas dende as maiorías sociais ante a crise do capitalismo. En dito marco investigadores/as, militantes e activistas abordarán durante a primeira fin de semana temáticas como: o movemento LGTBI galego, a teoría queer, o transfeminismo, os novos retos do movemento LGTBI ou o poliamor.

17 marzo 2013

ALEAS-EU reivindica o Estado laico: Orgullo é laicismo!

A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida insiste na necesidade de rachar toda relación de privilexio, tamén económico, entre o Estado e a Igrexa Católica como forma de contrarrestar as dramáticas consecuencias dos recortes sociais.                               

Só no pasado ano 2012, a Igrexa Católica recibíu en España máis de 6.000 millóns de euros das administracións públicas, dos cales a metade foron a parar aos 2.400 colexios católicos que aínda existen en España, e máis de 2.000 millóns repartíronse entre as diferentes institucións sanitarias e de beneficencia dirixidas pola xerarquía católica.


Dende ALEAS-EU denunciamos que dende as instancias gubernamentais se dea cobertura económica á Igrexa Católica, organismo nada parco e ben insistente á hora de expoñer e desenrolar os seus valores desigualitarios, machistas e LGTBIfobos. Xa no ano pasado, dende esta mesma área de EU denunciamos como inadmisibles as declaracións homófobas do bispo de Alcalá ao declarar que as persoas homosexuais son "persoas corrrompidas", así como as que en xaneiro de 2012 fixera o máximo representante da Igrexa Católica ao manifestar que as políticas do matrimonio igualitario entre persoas do mesmo sexo supoñen "unha ameaza para a dignidade humana e o porvir mesmo da humanidade".


08 marzo 2013

ALEAS-EU fronte ao 8 de marzo: Orgullo é feminismo!

Un ano máis, con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, é preciso visibilizar as desigualdades existentes entre mulleres e homes. Un século despois do incendio na fábrica de camisas "Triangle" de New York, o feminismo preséntase como imprescindible na consecución da igualdade real. Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS) de Esquerda Unida unímonos ás reivindicacións e ás convocatorias do movemento feminista, posto que a súa loita é tamén a nosa loita.