ALEAS ESQUERDA UNIDA CHAMA Á PARTICIPACIÓN NA CONCENTRACIÓN DO 7-X, NOS XULGADOS DE COMPOSTELA, EN APOIO A LAURA BUGALHO
Compostela, 04 de xuño de 2016. Esquerda Unida, dende a área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS-EU), chama á participación na concentración convocada a petición da defensa da activista LGTBI e sindicalista da CIG Laura Bugalho, e secundada por diversas organizacións, colectivos e movementos sociais, que terá lugar o mesmo día do xuízo, o vindeiro 7 de xuño ás 9 da mañá, en Compostela, diante dos Xulgados de Fontiñas.



