26 xuño 2013

Manifesto de ALEAS-EU con motivo do 28 de Xuño, Día do Orgullo LGTBI


FRONTE Á CRISE DO RÉXIME: ORGULLOSAS E COMBATIVAS!


Máis de catro décadas despois dos disturbios que tiveron lugar no barrio neoiorquino de Stonewall volvemos a saír ás rúas. Somos outras activistas e, ao mesmo tempo, somos as mesmas; caras e espacios diferentes, idénticas esixencias de igualdade. O 28 de Xuño reivindicamos con orgullo un momento histórico de logros e conquistas, pero tamén apostamos pola continuidade dun movemento social que nos permita seguir avanzando na consecución da igualdade real e efectiva.



Orgullo non é só unha efemérides no calendario, o Orgullo é a reivindicación da posibilidade de ser nós mesmas, sen represións nin ataduras. Porque somos un todo e non unha parte, e compoñémonos e rodeámonos de múltiples realidades. Dicimos que Orgullo tamén é clase obreira, Orgullo é laicismo, educación pública, feminismo, antirracismo, servicios sociais, orgullo é República. E, por suposto, Orgullo é rebeldía. A nosa loita é unha e é a de todas, a loita de quenes nos sabemos vencedoras, aínda que o camiño por percorrer sexa aínda longo.

Nestes momentos de crise terminal do capitalismo, asistimos á imposición de brutais recortes de dereitos (tamén en materia de igualdade) por parte dos gobernos conservadores do PP, entre outros, e da 'Troika', pretendidamente xustificados pola actual crise económica. As de abaixo, as maiorías sociais, negámonos a tolerar o austericidio neoliberal e denunciamos esta crise coma unha verdadeira estafa.

Por iso este ano, máis ca nunca, o Orgullo está tinguido de rebeldía ante quenes están a amputar dereitos, fronte a quenes nos están a roubar o que tantos anos custou conseguir. Orgullosas e combativas fronte a unha Iglrexa Católica incapaz de desprenderse do seu discurso machista e LGTBIfóbico, que continúa entrometéndose de maneira autoritaria no dereito que supón vivir a orientación sexual e a identidade de xénero en liberdade e igualdade; rebeldes fronte a unha monarquía opaca e trasnoitada que pouco ou nada pode facer fronte ás demandas dunha sociedade verdadeiramente democrática e igualitaria; insumisas fronte ao austericidio neoliberal que destapa o velo de hipocresía no que se sustentaba o pacto social, deixando ao descuberto, unha vez máis, que a actual crise non é máis que unha gran estafa económica que basea o beneficio desaforado duhna minoría na precariedade e pobreza das maiorías sociais; indignadas ao comprobar como a dereita desmantela impunemente o xa de per se exiguo Estado do benestar, obstaculizando o libre acceso á educación e á sanidade públicas e gratuítas. En definitiva, reivindicamos unha rebeldía que se aúne de maneira incuestionábel á forza do movemento feminista na loita contra o heteropatriarcado e a súa violencia.

A vosa LGTBIfobia e o voso machismo, os vosos intereses de clase e os vosos esforzos por salvagardar o Réxime, a vosa moral e as vosas “boas costumes” atoparanse coa nosa rabia. Non poderedes calar a nosa voz, ocultar os nosos desexos, identidades e corpos nin silenciar o noso compromiso. Se a LGTBIfobia é Réxime, o noso Orgullo será rebeldía.

Dende as rúas, co movemento LGTBI, organizamos a resistencia. Construímos a alternativa. Fronte á crise do Réxime, orgullosas e combativas!