ALEAS-EU REXEITA O MODELO DO ORGULLO CELEBRADO NA CORUÑA E APOIA A CONVOCATORIA DUNHA MANIFESTACIÓN DO ORGULLO LGTBI EN VIGO O DÍA 29 DE XUÑO
ALEAS-EU ABOGA POR UN ORGULLO REIVINDICATIVO E COMBATIVO LIBRE DE CLICHÉS E MERCANTILIZACIÓN
O contexto no que o colectivo LGTBI se atopa fai que sexa necesario replantearnos o noso modelo de loita. Hai unha semana publicabamos unha declaración co noso modelo de Orgullo, un documento de duro traballo creado de abaixo cara arriba e coa colaboración do tecido asociativo LGTBI estatal e de movementos sociais.
Neste documento declarabamos a imperiosa necesidade dun Orgullo LGTBI combativo que, sin necesidade de renunciar ao seu caracter festivo, debía ser unha xornada de protesta e reivindicación política, onde as asociacións LGTBI e os movementos sociais debían ser os protagonistas, e ademais, debían quedar fóra da organización do mesmo as empresas, impedindo así a súa mercantilización.
Por outra banda, denunciamos que a bandeira do Orgullo LGTBI, que se iza na cidade, cada ano afástase máis do centro da cidade, intentando así invisibilizar a histórica e actual loita do colectivo LGTBI. Tamén, vemos que o grande protagonista da organización destes actos é o Concello de A Coruña, pasando a un segundo plano a única organización LGTBI da cidade, todo coa colaboración e aprobación de 'Sete Cores'.
É por isto polo que non apoiamos esta “festa do Orgullo”, posto que non representa os principios básicos da principal mobilización do colectivo LGTBI. Este non é o caso do Orgullo vigués, onde o tecido asociativo LGTBI protagonista e que estará cheo de actos pedagóxicos e reivindicativos, sen renunciar ao espírito festivo da data e que se celebrará os días 28 e 29 de xuño.
Por último, ALEAS-EU anuncia a súa participación activa na manifestación do Orgullo LGTBI de Vigo o día 29 deste mes, data na que nos mobilizaremos contra a política conservadora dos gobernos do Partido Popular, contra o heteropatriarcado e a LGTBIfobia eclesiástica e polos dereitos e conquistas que aínda temos que conquistar.
Por un Orgullo LGTBI reivindicativo, anti heteropatriarcal, feminista, laico, ecolóxico e en galego! Orgullo é rebeldía!