A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida
(ALEAS-EU) ven de presentar unha declaración na que fai un chamamento a
realizar unha manifestación unitaria do Orgullo LGTBI nacional.
Tras pasar un ano da creación da área a nivel nacional, ALEAS-EU
cre que as loitas do colectivo LGTBI non remataron e que os ataques que se
están a recibir por parte dos gobernos autonómico e central, ambos do Partido
Popular, deben ter unha resposta na rúa.
Segundo Noel Dopazo, Co-coordinador nacional de ALEAS-EU, “tras a
aprobación do matrimonio igualitario houbo un proceso de desactivación do texido
asociativo LGTBI en todo o Estado, algo do que Galiza non quedou á marxe, posto
que a socialdemocracia deu a entender que as loitas xa estaban rematadas”. Á
rolda de prensa tamén acudiu a deputada por Alternativa Galega de Esquerda
(AGE) Eva Solla, quen opina que “estes ataques non son residuais, senón que van
a continuar, como podemos ver en eidos como o sanitario o una educación, polo
que unha resposta unitaria de forzas de esquerda é moi necesaria”.
Así, ALEAS-EU cre que esta convocatoria unitaria debería estar
convocada polas organizacións LGTBI, sendo o papel da área apoiar en todo o necesario
e impulsar a movilización, tendo o papel protagonista as asociacións LGTBI
galegas.
Por último, sen censurar o carácter festivo do
Orgullo, o que ALEAS-EU rexeita é a mercantilización e o uso partidista da
convocatoria, como está a acontecer en cidades como A Coruña, sendo o modelo da
área o correspondente a un Orgullo combativo, antipatriarcal, feminista,
ecoloxista e anti-heteropatriarcal.