ALEAS-EU
rexeita as aplicacións móbiles pseudocientíficas para detectar o
VIH e esixe a súa inmediata retirada
Desde
a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida
(ALEAS-EU) mostramos o noso máis profundo rexeitamento e indignación
fronte ao lanzamento da aplicación móbil
“VIHda”,
promovida recentemente pola Confederación COLEGAS. O noso
rexeitamento non só se atopa motivado polo feito de que a nota de
prensa emitida por devandita confederación para
promocionar
a aplicación asegure que esta “permite ao usuario medir as
probabilidades de contaxio de VIH na súa última relación sexual”,
cando é dabondo coñecido polas organizacións
e comunidades científicas que levan anos traballando no campo do VIH
que este non se contaxia senón que se infecta ou se transmite.
Un
axente infeccioso-contaxioso é aquel que cumpre parte do seu ciclo
vital fóra do corpo humano. É dicir, é capaz de sobrevivir no
medio ambiente (aire, auga, alimentos contaminados, terra, etc) ou
dentro dun animal que teña infección, durante periodos de tempo
prolongados. O VIH non posúe tales características, ao contrario,
pois trátase dun axente infeccioso-transmisíbel, dado que cumpre
todo o seu ciclo vital dentro do corpo humano e que, por tanto, só
pode transmitirse por contacto directo entre o corpo dunha persoa e o
doutra a través dun intercambio de fluídos. O uso dese tipo de
linguaxe contribúe a perpetuar aínda máis a discriminación cara
ás persoas que vivimos co VIH. como así o sinalan estudos
realizados e guías de estilo publicadas por CESIDA, ONUSIDA e outras
entidades estatais e internacionais.
Doutra
banda, por si isto fose pouco, COLEGAS refírese a “VIHda” como
unha aplicación que “permite un diagnóstico eficaz e anónimo”.
Este tipo de afirmacións xeran confusión na poboación que a miúdo
carece de información veraz respecto da saúde sexual e descoñece
que nada que non sexa unha proba específica pode ofrecer un
diagnóstico eficaz para o VIH. Desde ALEAS-EU consideramos que esta
aplicación resta máis que suma ao traballo que moitas outras
entidades veñen desenvolvendo na resposta ao VIH/Sida desde fai 30
anos, pois pode inducir á xente a deixar de realizarse probas
rápidas de VIH, dificultando así a moi necesaria detección precoz.
Cremos pois que, de xeito evidente, esta aplicación non é útil
para o fin que se publicita.
Pero
o que nos parece máis deleznable é que desde o 'Ministerio de
Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade' se eliminase o financiamento
público de proxectos pioneiros únicos no estado español,
referentes a nivel internacional, con resultados sobradamente
demostrados e cunha traxectoria intachable, como son os casos do
Servizo 900ROSA da Coordinadora LGTB de Catalunya e o Centro
MediosySida da REDVIH, entre outros, en prol de subvencionar
proxectos de dubidosa evidencia científica e de cuestionable
eficiencia e eficacia. Desde ALEAS-EU só podemos entender este feito
a través do claro trato de favor e a parcialidade por motivos
políticos e ideolóxicos coa que se outorgaron as subvencións
públicas do Plan Nacional da SIDA na convocatoria do ano 2012.
Por
último, desde ALEAS-EU denunciamos, unha vez máis, os recortes que
se están producindo contra a nosa sanidade pública. Estes non só
provocan que se deixen de financiar iniciativas realmente útiles na
prevención do VIH/Sida, como as anteriormente citadas, senón que
tamén dificultan claramente o avance da investigación científica
que nos permitiría desenvolver estratexias realmente novas e
innovadoras, con evidencia científica que as apoie, que transmitisen
información veraz e actualizada, que aplicasen metodoloxías
realistas e eficaces, e que xerasen resultados obxectivos e
positivos, características que “VIHda”, sen dúbida, non cumpre,
polo que non podemos senón esixir a súa inmediata retirada.
Máis
info: