ALEAS-EU
denuncia os recortes do Goberno do PP en política social: Orgullo son Servicios Sociais!
Fronte
ao discurso tramposo lanzado desde o Goberno, que pretende negar os
recortes en materia de servizos sociais, desde a Área de Liberdade
de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU)
denunciamos as políticas deste goberno,
que poden supor a desaparición completa das axudas a sectores da
sociedade en risco de exclusión social. A obsesión polo control do
déficit, introducida con “agostidade” e aleivosía na reforma do
artigo 135 da Constitución
Española, non pode ser unha xustificación para obviar a situación
de desamparo á que se aboca a amplos sectores da poboación que
dependen destes servicios públicos para a súa subsistencia.
O
exemplo do sector de atención á terceira idade, abandonado polos
anteriores gobernos e agora en mans das empresas privadas, marca o
modelo que o goberno do PP quere implantar no resto de servizos
sociais, en conexión cos ataques á educación e á sanidade
públicas. Un proceso privatizador que non só non mellora, senón
que empeora os servizos e fainos inaccesíbeis para os sectores máis
vulnerábeis da poboación. As
persoas maiores da comunidade LGTBI, xa de seu invisibilizadas e
estigmatizadas, non terán posibilidade de vivir plenamente a última
etapa das súas vidas en residencias masificadas, sen apoios
específicos e sen programas que contemplen as súas realidades
específicas.
Outro
tanto ocorre no sector da discapacidade, onde á negación das
sexualidades das persoas discapacitadas, máis aínda se non son
normativas, e á sobreprotección por parte dos familiares,
únense
os recortes que os distintos gobernos autonómicos están a realizar
nas subvencións aos centros de atención, impedindo o
desenvolvemento de plans específicos que permitan o pleno
desenvolvemento
persoal e a completa integración social das persoas con diversidade
funcional. Todo iso conxúgase cunha “lei de dependencia” que
naceu lastrada pola falta de orzamento, pero
que recibiu a estocada final por parte dos
gobernos
autonómicos do PP a través da falta de pagamentos que fan que,
moitas e moitos dos seus beneficiarios, morran sen recibir as
esperadas prestacións.
Só
as organizacións de apoio á comunidade LGTBI e aos sectores en
risco de exclusión trataron de suplir a neglixencia dos gobernos
pasados, mediante a cal
o Estado desentendeuse das políticas públicas e deixándoas en
mans, a mellor das veces, de entidades sen ánimo de lucro que
tiveron que mendigar subvencións,
cando non de empresas privadas que reduciron os servizos e aumentado
os cobros. Con todo, estas organizacións atópanse hoxe
afogadas
polos recortes das subvencións públicas ou pola súa falta de
pagamento sistemática, correndo o risco de desaparecer. A atención
a estes colectivos non pode depender da
benevolencia do goberno de quenda, senón que debe ser asegurada pola
lei. Non se trata de esmolas, senón de dereitos.
Mais
aínda, os concellos, instancias de goberno próximas á cidadanía,
que coñecen as necesidades reais da poboación, van ser baleirados
dos seus principais competencias
polo proxecto de Lei
de Reforma da Administración Local,
que ademais de profundamente antidemocrática, seguirá recortando en
servizos públicos para polos en mans das empresas privadas.
Desde
ALEAS-EU unímonos ao clamor popular da marea laranxa para pedir uns
servicios sociais públicos, próximos á cidadanía e de calidade,
que contemplen a especificidade
das e dos membros do colectivo LGTBI, identificando as súas
necesidades e xerando os apoios necesarios para que todas e todos,
independientemente da nosa orientación sexual ou identidade de
xénero, podamos vivir unha vida plena e digna de ser vivida.
Máis
info:
aleas@esquerdaunida.org