ALEAS-EU denuncia o falso "Proyecto Pilla-Pilla"
coma unha estratexia homófoba fascista
No momento actual de crise, usado como pretexto para destruír dereitos e conquistas sociais, algunhas persoas déixanse levar por discursos de odio que fomentan a división e as actitudes discriminatorias cara a certos sectores da poboación, o que é funcional ao capitalismo en tanto que fomenta a fragmentación interna da clase traballadora.
Entre estes sectores podemos mencionar ao colectivo
inmigrante, o cal é obxecto de acusacións xenófobas, relacionándoo coa falta de
oferta de emprego ou acusándoo de vir aproveitarse dos servizos sociais; ou o
colectivo LGTBI, que é vítima de agresións nas rúas ou ataques organizados,
como o coñecido como “Proyecto PILLA-PILLA”.