O colectivo LGTBI, nós, nunca debemos olvidar a nosa
historia, o noso pasado, o noso legado. O colectivo LGTBI sempre terá que
loitar polos seus dereitos, para defender o acadado e para seguir avanzando,
como todos os colectivos. Nos tempos que corren, só podemos aspirar a unir as
loitas, algo completamente necesario para derrubar ao Réxime e ao
heteropatriarcado.
27 xuño 2014
Posicionamento de ALEAS-EU en relación á situación do Orgullo LGTBI na Coruña
Denunciamos a marxinación aos colectivos LGTBI por parte do Concello da Coruña e a súa persistencia no empeño de facer un Orgullo baleiro de contido e baseado en estereotipos caducos e excluíntes
O vindeiro sábado, 28 de xuño, terá lugar un ano máis o día
do Orgullo LGTBI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais), unha
xornada reivindicativa dos dereitos e liberdades do colectivo, na que non todas
as persoas poderán participar, pois recordemos que aínda hoxe en 77 países do
mundo ser homosexual se considera un crime. Por este motivo dende ALEAS-EU queremos recordar que son máis os retos de futuro que os logros
acadados nesta materia, e que aínda sendo esta unha reivindicación festiva non
se pode deixar de lado a protesta social.
20 xuño 2014
ALEAS federal ante o Orgullo LGTBI: Sen feminismo non hai Orgullo
Coa campaña federal de ALEAS apostamos por un Orgullo feminista, reivindicándonos como feministas, tamén na loita LGTBI.
Dende o inicio da mal chamada "crise" económica e do reaccionario goberno do Partido Popular (PP), as persoas LGTBI e, especialmente, as mulleres LGTBI, vimos sufrindo unha avalancha de recortes en dereitos e liberdades que poñen en cuestión a calidade democrática do sistema no que vivimos. Pola nosa banda, seguimos preparando día a día a resposta ante o recorte dos nosos dereitos reivindicando un Orgullo feminista.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)