06 xuño 2016

Campaña Orgullo LGTBI 2016 "Unidas somos máis fortes. Unidas venceremos"

ALEAS-EU INSISTE NA NECESIDADE DE CREAR UNHA UNIDADE DE ACCIÓN ENTRE OS COLECTIVOS E ACTIVISTAS LGTBI

ALEAS-EU CRE QUE O EXEMPLO DA PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA É O MILLOR ESPELLO ONDE REFLEXARSE

Un ano máis achégase o 28 de Xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, no que se conmemoran os disturbios de StoneWall de 1969 en New York. Un ano máis, miramos cara o noso pasado e sentimos non só Orgullo da nosa identidade, senón tamén Orgullo da nosa historia, orgullosas e orgullosos de onde vimos e cara onde vamos.

Son moitos os espellos nos que mirarse. Moitos referentes que loitaron antes e outros que siguen loitando por un mundo para todas e todos, respectuoso coa diversidade e con admiración pola beleza que iso significa, un mundo plural. Pero tamén é moito o trab
allo que queda por diante, xa que as agresións van en aumento e aínda que os pasos dados non son en vano, quédanos moito polo que pelexar e seguir na rúa. 

04 xuño 2016

En apoio a Laura Bugalho, todas á rúa!

ALEAS ESQUERDA UNIDA CHAMA Á PARTICIPACIÓN NA CONCENTRACIÓN DO 7-X, NOS XULGADOS DE COMPOSTELA, EN APOIO A LAURA BUGALHO

Compostela, 04 de xuño de 2016. Esquerda Unida, dende a área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS-EU), chama á participación na concentración convocada a petición da defensa da activista LGTBI e sindicalista da CIG Laura Bugalho, e secundada por diversas organizacións, colectivos e movementos sociais, que terá lugar o mesmo día do xuízo, o vindeiro 7 de xuño ás 9 da mañá, en Compostela, diante dos Xulgados de Fontiñas.

03 xuño 2016

Valoración convenio económico da Xunta coas entidades LGTBI galegas


ALEAS-EU CALIFICA DE “PROPOSTA ELECTORALISTA” A CREACIÓN DUN CONVENIO SORE PROPOSTAS LGTBI A UN MES DO 26-X E PRETO DAS AUTONÓMICAS GALEGAS


Para Noel Dopazo, “esta estratexia crea certas dúbidas sobre se toda a proposta quedará en papel mollado”. Doutra banda, dende Aleas-EU ven necesaria a rápida creación dun “observatorio contra a LGTBIFOBIA” onde todas as entidades LGTBI galegas estean representadas.

27 maio 2016

A Xunta quere crear un convenio coas asociacións LGTBI galegas

NOEL DOPAZO E SUSANA LÓPEZ REÚNENSE PARA AVANZAR NA PROCURA DA NORMALIZACIÓN REAL DA DIVERSIDADE SEXUAL

Compostela, 27 de maio de 2016. O coordinador da area de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU), Noel Dopazo, foi invitado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López, co obxecto de ter unha xuntanza co fin de informarlle das medidas e actuacións que se levarán a cabo no relativo ás asociacións e organizacións LGTBI dende a Xunta, así como o traballo conxunto que se podía levar a cabo.

10 febreiro 2016

Agresión homófoba en Compostela. BASTA XA!


ALEAS ESQUERDA UNIDA SOLIDARÍZASE COAS VÍCTIMAS DA AGRESIÓN HOMÓFOBA EN COMPOSTELA


A área de Diversidade Afectivo-Sexual de EU (ALEAS-EU) esixe medidas para loitar contra a lacra da LGTBIFobia.

14 xaneiro 2016

Eva Solla apoiará unha concentración das Foanpas en Vigo

EVA SOLLA E ALEAS-EU SUMARANSE ESTA TARDE Á CONCENTRACIÓN DE FOANPAS CONTRA A HOMOFOBIA E TRANSFOBIA


Compostela, 14 de xaneiro de 2016. Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de AGE, participará esta tarde na concentración contra a homofobia e a transfobia convocada pola Federación Olívica de Asociacións de Nais e País (Foanpas) a prol da defensa da educación inclusiva.