14 xaneiro 2016

Eva Solla apoiará unha concentración das Foanpas en Vigo

EVA SOLLA E ALEAS-EU SUMARANSE ESTA TARDE Á CONCENTRACIÓN DE FOANPAS CONTRA A HOMOFOBIA E TRANSFOBIA


Compostela, 14 de xaneiro de 2016. Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de AGE, participará esta tarde na concentración contra a homofobia e a transfobia convocada pola Federación Olívica de Asociacións de Nais e País (Foanpas) a prol da defensa da educación inclusiva.



Dende ALEAS Esquerda Unida temos claro que as leis educativas teñen que garantir o cumprimento dos protocolos e o fomento da convivencia nos centros educativos para lograr a erradicación de conductas transfóbicas e homofóbicas.