18 decembro 2013

Nin pederastia, nin homofobia, nin fascismo!

ALEAS-EU denuncia o falso "Proyecto Pilla-Pilla" coma unha estratexia homófoba fascista


No momento actual de crise, usado como pretexto para destruír dereitos e conquistas sociais, algunhas persoas déixanse levar por discursos de odio que fomentan a división e as actitudes discriminatorias cara a certos sectores da poboación, o que é funcional ao capitalismo en tanto que fomenta a fragmentación interna da clase traballadora.

Entre estes sectores podemos mencionar ao colectivo inmigrante, o cal é obxecto de acusacións xenófobas, relacionándoo coa falta de oferta de emprego ou acusándoo de vir aproveitarse dos servizos sociais; ou o colectivo LGTBI, que é vítima de agresións nas rúas ou ataques organizados, como o coñecido como “Proyecto PILLA-PILLA”.

O “Proyecto PILLA-PILLA” baséase na estendida práctica LGTBIfóbica que se leva a cabo en Rusia onde, co pretexto de buscar a pederastas para defender a nenos de posíbeis abusos, leva a cabo unha persecución sistemática de homosexuais. Estas “cazas” xa chegaron ao asasinato de varias persoas nese país e ese tipo de persecución está a darse agora no Estado español con características similares.

Vimos observando que estes grupos organizados actúan só contra supostos "pederastas" homosexuais. Usando chats como forma de procura dos supostos “pederastas” actúan á marxe da xustiza institucional, enganando a homes adultos que buscan ter contactos sexuais con adolescentes do seu mesmo sexo. Devanditos grupos adoptaron como trazo distintivo un xesto utilizado polos grupos neonazis que se organizan para atacar a homosexuais, o puño pechado co pulgar a medio levantar.

Desde a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) expresamos a nosa preocupación pola actuación destes grupos á marxe da lei e advertimos ao colectivo LGTBI que se manteña alerta, ademais de chamar ao conxunto da poboación a non apoiar estas accións e a unirse á loita contra as persecucións homófobas e fascistas. Nestes momentos de crise temos estar máis alerta que nunca ante os ataques que nos chegan como consecuencia directa da situación económica na que nos sumiu a crise-estafa capitalista.

Nin pederastia, nin homofobia, nin fascismo!