ALEAS-EU denuncia no 9 de decembro, Día Internacional do Laicismo e da Liberdade de Conciencia, os ataques da Igrexa Católica de cara ao colectivo LGTBI en particular e á sociedade en xeral, e chama a todas as persoas disconformes con isto, que aínda sigan nos rexistros episcopais, a que apostaten.
A Igrexa é unha organización que leva exercendo control e
opresión sobre as persoas dende o primeiro momento no que comezou a existir.
Este poder non deixou de medrar a medida que avanzaban os séculos e incluso
hoxe, en pleno século XXI, podemos ver como a súa influencia e peso non
menguaron. A Igrexa fala da existencia dun “Lobbi gai” no Vaticano, pero o que
de verdade existe é un Lobbi episcopal nas institucións.
A reforma da Lei do Aborto é outra das reclamacións da
Conferencia Episcopal, que busca a súa completa prohibición, coartando o
dereito a decidir das mulleres sobre os seus corpos. O recurso do Partido
Popular á Lei do Matrimonio Igualitario, que perderon, é outra das súas
esixencias para salvar á familia tradicional cristiá, segundo a Igrexa. Así,
podemos ver unha gran subordinación do Partido Popular á Igrexa Católica.
Tampouco podemos obviar a subordinación do PSOE a dito
Lobbi, posto que non olvidamos o proxecto da “Lei Orgánica de Liberdade
Relixiosa” que o anterior goberno central prometera e que nunca se materializou, ou como o goberno de Zapatero concedeu máis subvencións que nunca á Igrexa
Católica cos cartos de todas e de todos. Isto tamén é proba de cómo o
bipartidismo é unha parte fundamental do Réxime.
Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de
Esquerda Unida (ALEAS-EU) vemos como inaceptábel os continuos ataques
LGTBIfóbicos por parte de membros da Igrexa Católica como Rouco Varela ou Juan
Antonio Reig Plá, a publicación de libros como “Cásate y sé sumisa” por parte
do Arcebispado de Granada, que busca a subxugación da muller ao home, ou as
declaracións de membros do goberno do Estado Español como o Ministro do
Interior, Jorge Fernández Díaz, membro da “Sacra y militar Orden Constantiniana
de San Jorge”.
Pese ás opinións sobre unha apertura da Igrexa dende a
chegada do Papa Francisco I, dende ALEAS-EU denunciamos que só se trata dunha campaña
de lavado de cara e mellora de imaxe e que a Igrexa Católica, concretamente a
Conferencia Episcopal de España, buscan o retroceso das conquistas sociais
LGTBI e non dubidan en apoiarse nos sectores de extrema dereita e en facer
presión e coacción para acadar os seus obxectivos.
Por iso hoxe, 9 de decembro de 2013, Día Internacional do
Laicismo e da Liberdade de Conciencia, reafirmamos o noso compromiso e o da
nosa organización co laicismo de Estado e coa liberdade de conciencia sen ningún tipo de discriminación
e saímos á rúa para denunciar esta situación e para demostrarlle á Igrexa que
non somos nin sumisas nin pasivas. Despois de séculos de represión e de control por parte da
Igrexa católica chegou o momento de rachar con ela. Chega o momento de
apostatar!
Descarga os documentos pinchando nas seguintes ligazóns:
Díptico explicativo Apostasía ALEAS-EU
Modelo documento Apostasía ALEAS-EU
Documento Exercicio do Dereito de Opsición (Arcebispado) ALEAS-EU
Documento Exercicio do Dereito de Oposición (Parroquia) ALEAS-EU
Descarga os documentos pinchando nas seguintes ligazóns:
Díptico explicativo Apostasía ALEAS-EU
Modelo documento Apostasía ALEAS-EU
Documento Exercicio do Dereito de Opsición (Arcebispado) ALEAS-EU
Documento Exercicio do Dereito de Oposición (Parroquia) ALEAS-EU