Amosando publicacións coa etiqueta 8 marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8 marzo. Amosar todas as publicacións

08 marzo 2013

ALEAS-EU fronte ao 8 de marzo: Orgullo é feminismo!

Un ano máis, con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, é preciso visibilizar as desigualdades existentes entre mulleres e homes. Un século despois do incendio na fábrica de camisas "Triangle" de New York, o feminismo preséntase como imprescindible na consecución da igualdade real. Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS) de Esquerda Unida unímonos ás reivindicacións e ás convocatorias do movemento feminista, posto que a súa loita é tamén a nosa loita.