Só no pasado ano 2012, a Igrexa Católica recibíu en España
máis de 6.000 millóns de euros das administracións públicas, dos cales a metade
foron a parar aos 2.400 colexios católicos que aínda existen en España, e máis
de 2.000 millóns repartíronse entre as diferentes institucións sanitarias e de
beneficencia dirixidas pola xerarquía católica.
Dende ALEAS-EU denunciamos que dende as instancias gubernamentais se dea cobertura económica á Igrexa Católica, organismo nada parco e ben insistente á hora de expoñer e desenrolar os seus valores desigualitarios, machistas e LGTBIfobos. Xa no ano pasado, dende esta mesma área de EU denunciamos como inadmisibles as declaracións homófobas do bispo de Alcalá ao declarar que as persoas homosexuais son "persoas corrrompidas", así como as que en xaneiro de 2012 fixera o máximo representante da Igrexa Católica ao manifestar que as políticas do matrimonio igualitario entre persoas do mesmo sexo supoñen "unha ameaza para a dignidade humana e o porvir mesmo da humanidade".
Este tipo de declaracións, lonxe de ser esporádicas e insustanciais ao sentido xeral da Igrexa, supoñen a súa máis profunda expresión. O recentemente elexido Papa Francisco I, que como cabeza máxima da xerarquía eclesiástica erixirase como guía moral de todo o catolicismo, non dudou en expresar no 2004 o seu rexeitamento á candidatura de Cristina Fernández de Kirchner á presidencia da República Arxentina defendendo que as "mulleres son naturalmente ineptas para exercer cargos políticos", en tanto que a "orde natural dos feitos non ensinan que o home é o ser político por excelencia; as Escrituras demóstrannos que a muller sempre é o apoio do home pensador e executor, pero nada máis ca iso". Máis próximo no tempo, cando no 2010 o Parlamento arxentino debatía o proxecto de lei de matrimonio igualitario, expresou que este futuro dereito non era máis ca "pretensión destrutiva do plan de Deus". Na súa misiva, o daquela arcebispo de Bos Aires facía un chamamento ao Espíritu Santo para que puxera "a luz da verdade no medio das ténebras do erro". Para Francisco I, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo poñía en xogo "a identidade e a supervivencia da familia: papá, mamá e fillos", e engadía: "está en xogo o rexeitamento frontal á lei de Deus, grabada ademáis nos nosos corazóns". Por desgracia, as manifestacións do Papa Fancisco I parecen estar moi preto dos valores preponderantes nos espazos dirixidos ou vencellados á Igrexa Católica.
A experiencia móstranos que nos centros de ensino e sanitarios dirixidos por valores católicos faise imposible a cohabitación de realidades sexuais e afectivas diversas, toda vez que as realidades que non responden aos valores patriarcais impostos pola ideoloxía católica son rapidamente reprimidas, ridiculizadas e silenciadas. Cabe resaltar, por outra banda, que a cantidade total fixada para os recortes en servizos públicos educativos e sanitarios, cuxas consecuencias estamos sufrindo todas e todos e que o Goberno do PP obstínase en presentar como imprescindibles, coinciden plenamente cos orzamentos estatais derivados ás institucións dirixidas pola Igrexa Católica.
Dende ALEAS-EU, unha vez máis, defendemos como incompatible a financiación a este tipo de organismos retrógrados e ultraconservadores - representantes do máis acérrimo machismo e expoñente da máis agresiva LGTBIfobia - coa aposta sincera pola democratización da Sociedade, así como a aceptación completa de todas as sensibilidades en canto á maneira de vivir, sentir e experimentar a sexualidade.
A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de EU non se cansará de esixir a consecución dun Estado verdadeiramente democrático e laico, tolerante e plural, para o que se fai imprescindible a derogación inmediata do Concordato de 1953, así coma os Acordos de 1979 que España mantén co Vaticano.
Ademais, tal e como ven reivindicando a área LGTBI de EU, todo Estado que queira desenrolar unha política verdadeiramente laica debe materializar o seu compromiso con realidades afectivo-sexuais non hexemónicas, fomentando a visibilización de estas realidades no espazo público, máis aínda cando estes espazos dependan directamente de instancias gubernamentais, sen favorecer nin privilexiar ningún posicionamento concreto sobre outros en base á súa ideoloxía relixiosa ou moral.