- Loitar polas liberdades e dereitos LGTBI, e sempre da man coas distintas asociacións comprometidas coa causa na Galiza.
- Detectar e destruir todos os obstáculos cos que se atopan os transexuais e intersexuais.
- Loitar contra o acoso e agresión no terreo laboral e na escola.
- Lograr unha maior visibilidade do colectivo no rural galego.
Estes proxectos a curto e longo prazo van ligados ao
propósito fundamental de ALEAS a nivel estatal, a fusión da loita obreira e a
loita LGTBI.
Coa creación desta área ábrese outra fronte de loita dende a
esquerda política no País, cun compromiso de loita constante, colaboración coas
demais áreas de EU, ALEAS do Estado e asociacións LGTBI alleas á organización e
unha actividade produtiva e incesante.