Os Nosos
dereitos non se recortan!
O 28 de xuño conmemoramos o Día do Orgullo LGTBI, un día de
ledicia, rabia e memoria. Ledicia
para celebrar as importantes conquistas que o movemento LGTBI alcanzou nos
últimos anos, avanzando sen se rendires na súa firme loita pola igualdade e a
diversidade. Rabia para espertar e rebelarnos ante unha realidade que nos sigue
invisibilizando, discriminando e oprimindo, pero tamén para defender con unllas
e dentes os dereitos que tanto esforzo nos custou acadar e que hoxe corren
serio perigo. Por último, memoria para non esquecer o noso pasado, para
recordar o compromiso militante de varias xeracións de activistas LGTBI que
desde os suburbios de New York, desde as prazas de Buenos Aires ás ramblas de
Barcelona, arriscaron as súas vidas por conquistar máis igualdade e máis
liberdade en tempos non tan lonxanos.
Hoxe, cando se cumplen 43 anos dos disturbios de Stonewall, é preciso continuar coa loita, alzar a voz unha vez máis. Na actualidade a loita de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais, no marco da crise global do capitalismo, ten que reimpulsarse, reinventarse, fortalecerse e atoparse con outros movementos sociais de resistencia para plantexar xuntas e xuntos unha verdadeira alternativa social ante un sistema que fai augas, que fronte á súa debilidade só é capaz de impor máis pobreza e máis violencia. Esta gran estafa, mal chamada “crise”, promete destruilo todo, a democracia e os dereitos sociais, cos cimentos dun Estado do benestar construido grazas á forza de moitas loitas sociais. Ante esta ameaza para os pobos non pode coller a resignación nin o conformismo. Hai que berrar basta xa.
Hoxe, cando se cumplen 43 anos dos disturbios de Stonewall, é preciso continuar coa loita, alzar a voz unha vez máis. Na actualidade a loita de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais, no marco da crise global do capitalismo, ten que reimpulsarse, reinventarse, fortalecerse e atoparse con outros movementos sociais de resistencia para plantexar xuntas e xuntos unha verdadeira alternativa social ante un sistema que fai augas, que fronte á súa debilidade só é capaz de impor máis pobreza e máis violencia. Esta gran estafa, mal chamada “crise”, promete destruilo todo, a democracia e os dereitos sociais, cos cimentos dun Estado do benestar construido grazas á forza de moitas loitas sociais. Ante esta ameaza para os pobos non pode coller a resignación nin o conformismo. Hai que berrar basta xa.
Lesbianas,
gais, transexuais, bisexuais e intersexuais sufrimos nas nosas propias carnes
os efectos dos plans de axuste e das políticas de “austeridade”, pero para nós
os recortes comezaron antes desta “crise” económica. Comezaron cando o Partido
Popular recurriu os nosos dereitos, e o das nosas familias ante o Tribunal
Constitucional, pretendendo así frear conquistas que o movemento LGTBI gañou
nas rúas e nas institucións xunto ás forzas políticas de esquerda. Máis tarde,
os recortes á igualdade continuaron cunha reforma laboral inxusta, aprobada
polo goberno do PSOE, que condeou ao colectivo LGTBI, especialmente vulnerable
no ámbito laboral, a máis paro e máis precariedade.
Co goberno
do PP e a Troika as tesoiras do capital seguen hoxe ameazando os dereitos e a
dignidade do colectivo. Esas tesoiras recortan impunemente os contidos sobre a
diversidade afectivo-sexual e a LGTBIfobia da asignatura “Educación para a
Cidadanía”, recortan os nosos dereitos laborais cunha nova reforma laboral
esixida polos insaciabeis mercados, mánchanse de sangue recortando
irresponsablemente as axudas públicas á loita contra o VIH/SIDA e atacan os
dereitos humanos das e dos migrantes e das persoas transexuais, recortando o
seu acceso á sanidade pública. Desta forma, lesbianas, gais, transexuais,
bisexuais e intersexuais aparecemos no centro da diana do neoliberalismo. Mentres
tanto, a banca, o exército, a Igrexia e a patronal, institucións claramente
LGTBIfobas, conservan todos os seus privilexios, incluidos os económicos. Os
seus recortes son a nosa verdadeira crise.
Nas escolas, nas consultas médicas, nos centros de
traballo... A discriminación persiste e os brutais recortes que sufrimos
actualmente refórzana especialmente. A LGTBIfobia “liberal” mostra neste
contexto de crise a súa cara máis crúa e amarga. A dereita, a Igrexia, a
caverna mediática e a patronal fan gala sen tapuxos do seu tradicional machismo
e LGTBIfobia, e sinalan claramente quenes son as e os condeadas e condeados a
pagar os efectos da crise capitalista. A igualdade nunca lles gustou e agora
está no punto de mira dos seus recortes. O seu obxectivo final está claro,
facer pagar a crise ás grandes maiorías sociais, e non aos seus verdadeiros
culpabeis. Con total impunidade rescatan bancos, pero xamais traballadoras nin
traballadores.
Sobran motivos para indignarse, para protestar, para ocupar
as rúas. Non podemos rendirnos agora. Non son tempos doados para o colectivo
LGTBI e por iso debemos defender a solidaridade como o noso principal
instrumento; unir forzas sociais, tecer alianzas desde abaixo e á esquerda para
seguir combatindo o machismo e a LGTBIfobia, para continuar a nosa loita pola
igualdade e a diversidade. Reivindicamos un Estado laico, participamos nas
mareas en defensa dos servicios públicos, traballamos no movemento feminista e
no estudiantil, paramos o país nas folgas xerais e unímonos aos traballadores
mineiros en loita. Porque lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e
intersexuais tamén somos clase obreira. Pensamos que a nosa loita pola
liberación sexual e de xénero só pode entenderse dende a esquerda, xa que só
desde a esquerda poderemos contribuir a crear unha alternativa real ás
políticas de axuste, paro e precariedade.
Rexeitamos o capitalismo, tamén o capitalismo rosa. Os nosos
dereitos non poden convertirse nun negocio e, por iso, chamamos á celebración
dun Orgullo LGTBI alegre, rebelde e combativo, que logre recuperar a protesta e
a reivindicación, repolitizando e desmercantilizando a nosa loita. Só así
conseguiremos impulsar unha resposta clara e contundente frente ao capitalismo
heteropatriarcal. Este sistema invisibilízanos, discrimínanos, recórtanos...
Pero responderemos. Non máis estafas, non máis chantaxes, non máis recortes.
Non pagaremos a súa débeda. A crise non é excusa, a igualdade non se recorta.
Nin un paso atrás!
Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS) de
Esquerda Unida