Compañeirxs das distintas federacións portando a pancarta. |
“Que non recorten a túa pluma! Os recortes tamén son LGTBIfobia” foi o lema co que ALEAS-IU saímos á rúa para denunciar o carácter ideolóxico dos recortes do Goberno en materia de igualdade, educación e sanidade.
Unha delegación de ALEAS-EU desprazouse a Madrid o pasado sábado para saír á rúa en defensa dos dereitos e liberdades LGTBI fronte aos recortes do actual Goberno. Xunto a compañeirxs de ALEAS-IU de todo o Estado saímos á cabeza das forzas políticas comprometidas coa igualdade e os dereitos LGTBI, onde un ano máis o PP só estivo presente nas consignas e nos recortes de prensa do luns anterior, no que promovía a conversión do Orgullo nun negocio privado.
Nun momento coma o que estamos a vivir, no que Goberno e Patronal se escudan na excusa da crise para impoñer os seus recortes, dende EU-IU recordamos que ninguna destas medidas están libres da marca homofóbica do PP, pois con iniciativas como a eliminación de Educación para a Cidadanía ou a negación da atención ás persoas VIH+ ilegalizadas, non se aforra un só céntimo, máis ben ao contrario, son evidentes os elevados costes sociais e humanos que conlevarán estas medidas no futuro.
Nesta ocasión ademais concorría outro motivo de peso para manifestarse como é a apropiación oportunista que o PP pretende facer do Orgullo Estatal, converténdoo nun evento mercantilizado, tendente á exaltación dun modelo único de beleza e o lucro afanoso do empresariado gai. Dende ALEAS-EU opoñémonos firmemente ao expolio do Orgullo ao colectivo LGTBI, verdadeiro protagonista desta festa reivindicativa.