06 xullo 2012

ALEAS-EU co activista Louis Georges Tin


Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) queremos expresar o noso apoio e solidariedade co activista Louis Georges Tin, fundador do Día Internacional contra a Homofobia, na folga de fame que mantén dende o 25 de xuño.

O activista solicita ao Goberno francés que se involucre activamente na despenalización universal da homosexualidade ante as Nacións Unidas, como prometera o candidato Hollande antes das eleccións. A pesar destas promesas, ata o momento non se produciu ningún movemento por parte do Goberno francés, o que levou a esta situación que dende ALEAS-EU denunciamos nun exercizo de solidaridade internacional.

Por todo isto, dende ALEAS-EU solicitamos ao Goberno de Francia que atenda ás reivindicacións deste activista, pois cremos que é unha causa xusta, necesaria e urxente, dada a terrible situación internacional na que se atopan as personas LGTBI. Así mesmo, solicitamos ao Goberno de España, do Partido Popular, que dea mostras de apoio a esta causa se certamente considerase que España é un país comprometido cos Dereitos Humanos de todas as persoas e, en especial, das persoas LGTBI.