08 xullo 2012

BornThisWay Blogspot

Non, non se trata dunha páxina de fans de Lady Gaga. Este blogue é unha das páxinas máis especiais que calquera membro do colectivo LGTBI se pode atopar: un blogue de experiencias persoais de persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer... Un conglomerado de historias persoais onde se demostra a natureza da homosexualidade.

O creador deste blogue chámase Paul V., e ao igual que os seus lectores, é unha persoa concienciada co colectivo. A idea que o impulsou a crear esta páxina foi a maior visibilización dxs homosexuais, a loita contra a homofobia e o apoio psicolóxico que aporta saber que non estás só no mundo e que hai moita xente que sabe o que se sinte ao ser diferente.


As publicacións deste blogue van dende anécdotas ata historias emotivas e duras que a xente viviu na súa infancia. Estas persoas envíanas ao email de Paul V. cunha foto e este simplemente se encarga de publicalas e darlle difusión nas redes sociais.

Sen dúbida unha páxina recomendable ao 100% a aquelxs que teñan certo nivel de inglés.