25 xuño 2012

Benvidxs ao blogue de ALEAS-EU


Estreamos un novo espazo na Rede que faga de fiestra entre ALEAS-EU e a cidadanía, o que nos vai a permitir informar da nosa actividade, das novas en cuestións LGTBI, así coma os nosos posicionamentos, manifestos, notas de prensa, etc. Non pretendemos con isto crear un espazo exclusivo para a xente de Esquerda Unida, todo o contrario, agardamos facer deste blogue un recurso de utilidade, polo que imos a contar con seccións que consideramos de interese xeral, deixando a porta aberta a todas as suxestións que neste senso nos fagades chegar.

É por iso que contaremos con apartados máis específicos que iremos construindo pouco a pouco. Un deles estará adicado a recomendar aqueles sitios web que consideramos poden ser de interese para a comunidade LGTBI. Tamén imos a habilitar unha sección dirixida á denuncia da homofobia persistente aínda nos nosos días. Queremos poñer a disposición da comunidade LGBTI as ferramentas e recursos cos que podemos contar para non deixar pasar por alto calquera mostra de desprezo homofóbico.
    
Enlazamos ao resto de ALEAS do Estado, coas que traballamos conxuntamente baixo o paraugas de ALEAS-IU, que tamén conta cun espazo web, xa de referencia para a comunidade LGTBI. Incluiranse tamén ligazóns ás principais asociacións que traballen connosco na loita dos dereitos e liberdades LGTBI.

Agardamos que estes contidos sexan do voso interese. Moitas grazas por visitarnos e non deixedes de facelo de cando en vez!