'Na túa vila tamén se entende' é unha campaña de visibilidade LGTBI no rural, da man da Área de Liberdade Afectivo-Sexual (ALEAS) de Esquerda Unida. Así, ALEAS-EU realizará diferentes actos por todo o país ao longo deste ano.
Porque unha campaña de visibilidade LGTBI no rural?
A diversidade sexual é unha realidade na nosa sociedade, e
non só nas cidades, senón tamén no rural. Nos pobos e vilas de Galicia viven
gais, lesbianas, transexuais, bisexuais e intersexuais, ao igual que ocorre nas
cidades, aínda que de xeito moito menos visible. Ás veces as propias condicións
de vida do rural poden levar a esta invisibilidade, polo que consideramos
preciso facer un esforzo por chegar a todas e todos vós.
Por unha banda sensibilizar á poboación en xeral de que a
diversidade sexual é unha realidade global, non é un fenómeno propio das
cidades, polo que seguramente todas e todos coñezamos persoas LGTBI no noso
entorno, tamén no rural.
Por outro lado, lanzar unha mensaxe de apoio ás persoas
LGTBI do rural, para que se vivan con plenitude, tamén no tocante á súa
sexualidade, e non reneguen dos seus dereitos máis fundamentais fronte calquera
tipo de discriminación. É importante saber que existen dispositivos específicos
de asesoramento en materia de sexualidade e diversidade sexual, así como
asociacións ás que podemos acudir.
Que facer fronte unha situación de discriminación?
A discriminación por LGTBIfobia pode darse de moitos xeitos
diferentes, ás veces de forma máis explícita e outras veces menos, pero non por
iso a consecuencias van a ser menores. Podemos estar sendo vítimas da
LGBTIfobia cando pola nosa condición sexual recibimos insultos, agresións,
aillamento, maltrato de calquera tipo, pero tamén cando nos privan de algo ao
que temos dereito, como o acceso a bens e servizos.
Se nalgún momento vives unha situación de discriminación, ou
sabes de alguén que estea pasando por iso, non dubides en asesorarte para
coñecer os teus dereitos e obrigas, recibir unha orientación para superar esa
situación, e denunciala se fose preciso.
A onde acudir?
Existen asociacións que agrupan a persoas LGTBI e as súas
familias, que ofrecen distintos servizos que nos poden resultar de interese e
utilidade, e ás que podemos acudir sempre que o consideremos axeitado. A
maioría de asociacións existentes forman parte da FELGTB (Federación Estatal de
Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais). Podedes consultar a asociación que
tedes máis preto e facer as vosas consultas, este é o contacto:
A Xunta de Galicia conta cun servizo de asesoramento específico en temas de sexualidade e diversidade sexual, os centros Quérote+, que contan cun equipo de profesionais destinado a resolver dúbidas, informar, acompañar e axudar a superar as dificultades que poidan xurdir na vivencia dunha sexualidade saudable e positiva. É un servizo de balde, anónimo e confidencial. Existen centros de asesoramento en distintas localidades de Galicia, e tamén se poden facer consultas por teléfono ou Internet.
FELGTB
913 604 605
www.felgtb.org
A Xunta de Galicia conta cun servizo de asesoramento específico en temas de sexualidade e diversidade sexual, os centros Quérote+, que contan cun equipo de profesionais destinado a resolver dúbidas, informar, acompañar e axudar a superar as dificultades que poidan xurdir na vivencia dunha sexualidade saudable e positiva. É un servizo de balde, anónimo e confidencial. Existen centros de asesoramento en distintas localidades de Galicia, e tamén se poden facer consultas por teléfono ou Internet.
Quérote+
881 997 613
xuventude.xunta.es/querote-mais.html
881 997 613
xuventude.xunta.es/querote-mais.html
E como non, tamén nos podes seguir a nós na nosa web e redes
sociais. Somos ALEAS-EU, un área de traballo de Esquerda Unida que traballa
polos dereitos e liberdades sexuais das persoas. Somos un área aberta, polo que
calquera persoa pode participar e facer as súas achegas, só tes que poñerte en
contacto connosco.
E recorda, na túa vila tamén se entende, faite ver!