02 outubro 2014

Bicada Reivindicativa Compostela

A persecución violenta ao colectivo LGTBI non é algo descoñecido. Todas e todos nós somos conscientes de que no Estado español continúan as agresións, actos violentos e persecucións a persoas LGTBI. Isto tamén afecta a Galiza, e temos exemplos que o demostran.


 O xoves día 2 de Outubro, fará pouco maís dun ano da agresión dunha parella homosexual na cidade de Compostela.

Esta foi unha das moitas agresións que sofremos a diario en todo o país, Estado e mundo pola nosa orientación ou a nosa identidade de xénero, agresións que o goberno adícase a ignorar ou incluso a negar que existan, dando unha sensación de normalizaciónn que dista moito da realidade.

Se pensamos un pouco na historia poderemos ver que levamos séculos de persecucións e de medo sobre as nosas espaldas, séculos de asasinatos, toruturas e condeas á cadea pola nosa orientación afectiva-sexual, algo que pasaba no franquismo e que hoxe en día segue a pasar, todos os días. É aberrante ver que o colectivo LGTBI é o máis agredido e perseguido de todo o Estado e que os gobernos sigan sen tomar medidas reais para parar isto. Está nas nosas mans tomar o control do noso destiño e, a través da loita organizada e pacífica, acabar con esta inxustiza.

É por isto que dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) propoñemos este día 2 de outubro unha bicada reivindicativa no lugar da agresión, a galería do bar TNT na Rúa Santiago de Chile en Compostela, esixindo con ela que este tipo de ataques cesen dunha vez e poidamos vivir e mostrar o noso afecto sen medo a ser agredidas verbal e/ou físicamente, e para seguir a denunciar a inutilidade da recente  "Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación a personas Gays, Lesbianas, Transexuais e Bisexuais en Galicia", a cal resulta inútil ante este tipo de situacións, polo que é unha Lei inservíbel para o colectivo LGTBI.

Todas xuntas somos máis fortes e non hai nin que rendirse nin que ter medo. Loitemos pola igualdade en dereitos e pola visibilidade das persoas LGTBI. Lume ao fascismo!