ALEAS-EU reafirma o seu compromiso contra a bifobia no Día da Visibilidade Bisexual.
Dende fai xa algúns anos o movemento LGTBI ven celebrando o 23 de setembro como Día Internacional da Visibilidade Bisexual. Ante esta xornada en defensa da igualdade, a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS) de Esquerda Unida quere sumarse ás organizacións LGTBI na súa loita contra a bifobia e pola visibilidade da bisexualidade.
ALEAS-EU aposta decididamente polo empoderamento das persoas bisexuais e pola, aínda precisa, concienciación social acerca das realidades da diversidade afectivo-sexual. Por iso, EU pon o foco na defensa da educación pública, laica e inclusiva, onde os valores cívicos e democráticos prevalezan sobre as imposicións e os prexuízos relixiosos que perpetúan a discriminación. Aínda así, a xuizo de EU, as políticas educativas impulsadas polo goberno do PP camiñan no senso contrario e só procuran reforzar a estimatización da diversidade. Ante isto, o grupo LGTBI de EU chama á acción política e social por un cambio radical das políticas educativas.
Según Alberto Hidalgo, Coodinador Federal de ALEAS-IU: “É preciso seguir combatendo a bifobia en todas as súas expresións, e a invisibilidade é quizais a máis grave de todas. A bisexualidade non é unha excusa ou unha etapa pasaxeira, é unha orientación sexual máis que leva moito tempo sendo relegada e invisibilizada nesta sociedade heterosexista. É hora de apoiar con firmeza o empoderamento das persoas bisexuais e traer a un primeiro plano as reivindicacións das e dos activistas bisexuais”.
Así mesmo, o grupo LGTBI de EU convida á autocrítica para desterrar por completo a bifobia e o monosexismo, tamén dos propios movementos sociais e organizacións políticas. En palabras de Alberto Hidalgo, “a bifobia persiste, mesmo dentro da esquerda e o movemento LGTBI, e isto debe levarnos á reflexión e á autocrítica”. “Se non contamos co enfoque e o compromiso das persoas bisexuais a loita LGTBI queda incompleta” engade.
Por último, ALEAS-EU destaca o papel que xoga a crise na loita do colectivo LGTBI pola igualdade e contra a discriminación. “A precariedade laboral e a ameaza do despido na coxuntura de crise sistémica fai que lesbianas, gais, transexuais e bisexuais sexamos máis invisibles e máis vulnerables. Ante esa realidade o noso compromiso militante debe estar tamén na rebelión contra o capitalismo” conclúe Hidalgo.