ALEAS-EU CONDENA O ATAQUE CON OVOS SOFRIDO ONTE NA BICADA CONVOCADA NA CORUÑA POR ALAS CORUÑA E A FELTGB
ALEAS-EU CONSIDERA QUE ESTE TIPO DE SUCESOS SÓ PODEN REAFIRMARNOS NA NOSA CAUSA E ANIMARNOS A SEGUIR LOITANDO
Onte, día 30 de xaneiro, a FELGTB convocaba en 30 cidades de todo o Estado unha bicada contra as agresións LGTBIfóbicas, para visibilizar a violencia que existe contra o colectivo LGTBI e para facer ver que os que teñen o problema son os que discriminan e reprimen, non nós.
Mentres que na maoria de convocatorias todo transcurría con normalidade, na quedada da Coruña un grupo de persoas acudiu á acción reivindicativa non para apoiala, senón para tirar ovos ás persoas que estaban alí para reclamar liberdade e defender os seus dereitos.

É unha vergoña que a día de hoxe sigamos atopándonos con actitudes tan retrógadas, mais é unha proba do que pretendíamos denunciar con esta acción, que o heteropatriarcado é un feito, algo ao que debemos combatir, que a situación das persoas LGTBI aínda non está normalizada e que queda moito camiño por andar.
Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) só podemos mostrar a nosa repulsa a este suceso de forma taxante e solidarízámonos con ALAS Coruña, á cal só podemos animar a seguir na loita e a reafirmarse na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI.
Canto máis intenten asustarnos máis forte berraremos!