“A igualdade é o trato idéntico que se lle brinda ás persoas
sen que medie ningún tipo de reparo pola raza, sexo, clase social ou outra
circunstancia plausible de diferenza. É a ausencia de calquera tipo de discriminación.” Tendo en conta esta
definición do termo igualdade, poderiamos pensar que non vivimos nun mundo
igual para todxs. Hai moitos casos de discriminación na sociedade do século
XXI, con exemplos como que as mulleres cobren menos que os homes nos mesmos
traballos, que haxa xente vivindo en mansións mentres desafiuzan a unha familia
con todos os membros en paro, que se considere unha enfermidade ser transexual
cando non é así de ningunha maneira,…
Aínda así, somos moitxs xs que cremos que o cambio é posible
e por iso, día a día, loitamos para que as cousas cambien e para que esta
sociedade vaia a millor, porque, como ben dixo Eduardo Galeano: “A utopía está
no horizonte. Camiño dous pasos, ela afástase dous pasos e o horizonte bótase
dez pasos máis alá. Entón para que sirve a utopía? Para iso, sirve para
camiñar”. Onte, podemos dicir que avanzamos tres pasos cara o horizonte.
Onte, día 6 de outubro do 2012, tivo lugar un feito
histórico: o Tribunal Constitucional ditaminaba, con oito votos contra tres, a
constitucionalidade da Lei do Matrimonio Igualitario do 2005 e, deste xeito,
rexeitaba o recurso que o Partido Popular presentou contra dita lei catro meses
despois da súa posta en vigor. Esquerda Unida e, en particular, ALEAS-EU (Área
de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida), queren mostrar a
súa satisfacción e aprobación pola resolución do tribunal. Cremos que o
matrimonio non é unha invención da Igrexa, senón un dereito universal e
accesible a parellas de todo tipo: home con home, muller con muller e home con
muller, e que prohibilo sería un ataque directo aos dereitos dunha gran parte
da sociedade.
Ademais disto, queremos censurar a conduta do Partido
Popular e, en particular, a do Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, por
presentar este recurso homófobo e, logo, por non telo retirado no transcurso
destes sete anos. Preguntámonos se, cando din que o primeiro no que pensan é na
cidadanía, refírense en realidade a que no primeiro que pensan é en fomentar a
sociedade heteropatriarcal, homófoba e machista. Sendo así, pedimos ao goberno
do Partido Popular que escoite á cidadanía e á xustiza, que non poña en perigo
aos miles de matrimonios e familias homoparentais deste país e que comprenda
que é lóxico que o que se considera normal sexa legal.
Este só é un paso, xa que aínda temos moito camiño de loita
para acadar a igualdade real do colectivo LGTBI, polo que avante compañeirxs!
Forza!
#AmarÉConstitucional