O Partido Popular repite maioria absoluta e goberno a pesar de sufrir unha importante perda de votos, todo isto debido á fatídica lei electoral galega e á caída dos desacreditados partidos do bipartito, o BNG e o PSdG, que se negaron a participar no proxecto anticapitalista e causaron a fractura do voto de esquerdas do noso País, e dito isto, recuperamos a frase que dixo o ilustre Xosé Luís Méndez Ferrín no peche de campaña de AGE en Ourense, “contamos que pronto estean aquí ao noso carón, porque a estupidez humana non é infinita”.
A
coalición formada por Esquerda Unida, Anova, Espazo Ecosocialista e Equo ten un compromiso fiel e formal co
noso colectivo, os nosos escanos servirán para frear as políticas
hetero-patriarcais do goberno conservador de Feijóo. O movemento LGTBI galego ten que dar un forte
e contundente golpe sobre a mesa por un futuro diferente e esperanzador, e para iso compre unidade, a mesma unidade
que fixo posible o soño de Alternativa Galega de Esquerda. Imoslle cortar as
gadoupas á homófoba e machista Igrexa Católica, imos darlle nos fociños aos
tiranos patróns, hai que pecharlle a porta á ignorancia e camiñar cara o
pogreso e a fraternidade, comeza o cambio.
Queremos
dar as grazas aos galegos e ás galegas que depositaron a súa confianza neste
fermoso proxecto, pero isto ten que seguir avanzando, traballaremos día a día
para rematar coa abstención e demostraremos que o único voto útil é o voto
revolucionario, o voto REBELDE, e sen vós non é posible, xuntos podemos! A
loita continua compañeirxs, NON PASARÁN!