A deputada de AGE, Eva Solla, destaca que o PP emprega excusas para marxinar á comunidade LGTBI
Para o Partido Popular, os dereitos reprodutivos de mulleres
lesbianas, bisexuais con parella do mesmo sexo e solteiras non teñen porque
estar regulados por lei. Onte, día 5 de Setembro, debatiuse no Parlamento a
iniciativa da deputada Eva Solla por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) que
tiña este propósito, iniciativa á que o PP votou en contra.
Así, o PP continúa na mesma liña de política LGTBIfóbica e
heteropatriarcal, xa que este mesmo verán a ministra Ana Mato pretendía
eliminar a reproducción asistida ás mulleres solteiras, lesbianas e bisexuais
con parella do mesmo sexo, levando a cabo unha política de carácter
ultracatólica, obedecendo así os ditámenes da Conferencia Episcopal.
Para a Eva Solla, a resposta ofrecida polo PP para votar en contra desta iniciativa, na que falou de que ao estar actualmente paralizada a reforma da Ministra non iba haber suposta discriminación, é “ridícula, unha escusa improvisada para seguir discriminando ás mulleres que non entran dentro dos estándares heteronormativos, xa que nós falábamos de regular o seu dereito para que en ningún caso puidera haber calquer tipo de discriminación”. “Aínda que a reforma de Mato esté paralizada nestes momentos, intentarán levala a cabo de novo de forma camuflada, como pretenden facer coa reforma da Lei do Aborto, polo que o PP está sometido á vontade da Conferencia Episcopal e non pensa disistir nos seus ataques”, segundo a deputada.
Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de
Esquerda Unida (ALEAS-EU), unha vez máis, mostramos a nosa condena e
rexeitamento ante a LGTBIfobia dos gobernos conservadores do PP e exiximos que
se poñan en marcha inmediatamente iniciativas que protexan os dereitos e
liberdades do colectivo LGTBI galego.
#MatoNonNosDeixaSerNais