Amosando publicacións coa etiqueta Denuncia Homofobia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Denuncia Homofobia b>. Amosar todas as publicacións
20 decembro 2014
05 abril 2014
Máis outra agresión homófoba en Galiza
ALEAS-EU denuncia a agresión homófoba sufrida por un compañeiro e a súa parella en Ponteareas. Dende ALEAS-EU facemos un chamamento ao colectivo LGTBI galego a non deixarse amendrentar e a seguir vivindo as súas vidas abertamente e sen medo.
Cando dende o colectivo LGTBI berramos que loitamos pola igualdade real, polas nosas vidas e os nosos dereitos, cando berramos contra inxustizas como a “Lei de Familia” da Xunta de Galicia ou a futura “Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais en Galicia”, esa fraude, é porque as persoas LGTBI sabemos o contexto no que vivimos, sabemos ao que nos enfrontamos cada día, ao que estamos expostas.
22 xullo 2013
Retirada da eliminación da reprodución asistida gratuíta a mulleres solteiras e lesbianas!
ALEAS-EU REXEITA A ELIMINACIÓN DA REPRODUCIÓN ASISTIDA A MULLERES SOLTEIRAS E LESBIANAS, SENDO UN CLARO ATAQUE DE CARÁCTER PATRIARCAL E LGTBIFÓBICO
ALEAS-EU PROMOVE UNHA PROPOSTA DENDE AGE PARA PARAR A INICIATIVA DA MINISTRA ANA MATO
Vivimos malos tempos para todas/os, non só pola crise-estafa que estamos a padecer e polos seus recortes e destrución do xa de per se escaso 'estado do benestar' do que podiamos desfrutar no estado español, senón porque, ademais disto, estamos a ver o retroceso inesperado e espeluznante dos dereitos e liberdades que xa considerabamos consolidados.
07 xuño 2013
Comunicado de repulsa ao asasinato de Clément Méric
ALEAS-IU
condena o asasinato do militante de esquerdas e activista LGTBI
Clément Méric
En
menos dunha semana coñecimos a noticia de varios actos de LGTBIfobia
no mundo. O primeiro sucedeu en Rusia, onde tres individuos
secuestraron e torturaron a un activista LGTBI ruso, que máis que
loitar por conquistar dereitos, loitaba por sobrevivir, xa que neste
país está a aumentar de forma extrema e alarmante a represión
contra o colectivo LGTBI nos últimos anos.
O
segundo caso nunha semana coñecímolo a madrugada do 6 de xuño,
cando Clément Méric, militante do Parti de Gauche e
activista LGTBI, que comenzaba este curso os seus estudos
universitarios en París, recibiu unha brutal paliza por parte de
tres individuos “skinhead”, na que sufriu a morte cerebral ao
impactar a súa cabeza contra un elemento metálico, segundo as
testemuñas.
Estas
agresións violentas son a proba irrefutábel de que a loita do
movimento LGTBI non fixo máis que comezar. O importante
recoñecemento de certos dereitos civís nalgúns países do mundo,
como a recente legalización do matrimonio igualitario en Francia,
non poden facernos olvidar que estas conquistas son só un punto de
partida, e nunca a meta da nosa causa. A igualdade social, real e
efectiva, do colectivo LGTBI queda aínda moi lexos e debemos seguir
denunciando e combatindo con determinación a violencia LGTBIfóbica
e a súa impunidade.
É
impensábel que a estas alturas da historia da humanidade e da loita
polo recoñecemento da nosa igualdade sigamos ter que convivir con
estas traxedias fomentadas polo odio e por razóns ideolóxicas, máis
propias do III Reich. Estes terríbeis sucesos deben ser tomados como
un toque de atención para todas e todos as/os que loitamos pola
xustiza social e defendemos a igualdade de todas as persoas, posto
que a crise terminal do sistema capitalista e as medidas de
austericidio neoliberal, que están a asfixiar aos pobos de Europa,
tamén están axitando á vella pantasma do fascismo, un inimigo que
nunca foi erradicado de todo e que, como vemos en Grecia, é unha
ameaza real.
Desde
a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida
(ALEAS-EU), queremos condenar firmemente este asasinato LGTBIfóbico
e mostrar o noso apoio máis cercano á familia e ás/aos amiga/-os
do compañeiro Clément Méric, trasladándolle o noso máis sentido
pésame nestas difíciles horas. Ao pobo francés, ao movemento LGTBI
de Francia e ás/aos nosas/-os compañeiras e compañeiros da
esquerda francesa, queremos trasladarlle a nosa solidariedade
internacionalista e esta mensaxe clara: a mellor forma de honrar a
memoria de Clément é continuar a súa loita.
Non
esquecemos, non perdoamos. Ningunha agresión sen resposta! Fascismo
nunca máis! Non pasarán!
11 xullo 2012
ALEAS-EU denuncia trato discriminatorio no Rexistro Civil
Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida queremos denunciar o trato discriminatorio que, en contra das disposicións legais vixentes, recibíu un matrimonio da comarca de Ferrolterra a instancias do Rexistro Civil de Ferrol.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)





