A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda
Unida insiste na necesidade de rachar toda relación de privilexio, tamén
económico, entre o Estado e a Igrexa Católica como forma de contrarrestar as
dramáticas consecuencias dos recortes sociais.
Só no pasado ano 2012, a Igrexa Católica recibíu en España
máis de 6.000 millóns de euros das administracións públicas, dos cales a metade
foron a parar aos 2.400 colexios católicos que aínda existen en España, e máis
de 2.000 millóns repartíronse entre as diferentes institucións sanitarias e de
beneficencia dirixidas pola xerarquía católica.
Dende ALEAS-EU denunciamos que dende as instancias
gubernamentais se dea cobertura económica á Igrexa Católica, organismo nada
parco e ben insistente á hora de expoñer e desenrolar os seus valores
desigualitarios, machistas e LGTBIfobos. Xa no ano pasado, dende esta mesma
área de EU denunciamos como inadmisibles as declaracións homófobas do bispo de
Alcalá ao declarar que as persoas homosexuais son "persoas corrrompidas",
así como as que en xaneiro de 2012 fixera o máximo representante da Igrexa
Católica ao manifestar que as políticas do matrimonio igualitario entre persoas
do mesmo sexo supoñen "unha ameaza para a dignidade humana e o porvir
mesmo da humanidade".