A ÁREA DE LIBERTADE DE EXPRESIÓN AFECTIVO SEXUAL
(ALEAS) DE IZQUIERDA UNIDA CELEBRA O 6 E 7 DE ABRIL AS XORNADAS FEDERAIS EN
COMPOSTELA
DENDE A EXECUTIVA DE ESQUERDA UNIDA E PARA O COORDINADOR
NACIONAL DE ALEAS-EU GABRIEL RODRIGUEZ, ESTAS XORNADAS SUPOÑEN UNHA GRAN
OPORTUNIDADE PARA PENSAR OS NOVOS DESAFÍOS DO MOVEMENTO LGTBI DESDE A ESQUERDA
A COORDINADORA NACIONAL DE EU,
YOLANDA DÍAZ, MANIFESTA QUE “A LOITA DO MOVEMENTO LGTBI NESTES MOMENTOS DE
RECORTES TAMÉN DE LIBERDADE, SEGUE A SER PARA EU, UN COMPROMISO NA DEFENSA DOS DEREITOS
DE HOMES E MULLERES PARA VIVIR A SÚA VIDA AFECTIVO-SEXUAL COMO CADA UN
CONSIDERE”
ALEAS-IU celebra as súas
xornadas federais anuais en Compostela co obxectivo de contribuír a reimpulsar
a loita LGTBI fronte á crise capitalista.
A área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de
Izquierda Unida (ALEAS-IU) celebra os días 6 e 7 de abril as xornadas federais
en Compostela. Esta edición leva por título "Reimpulsando a loita
LGTBI fronte á crise do Réxime" e, segundo a organización, “pretende
articular un espazo de encontro e diálogo entre a esquerda política e o
movemento LGTBI co obxectivo de expor alternativas desde as maiorías sociais
ante a crise do capitalismo”. No devandito marco investigadores e investigadoras,
militantes e activistas abordarán durante a fin de semana temáticas como: o
movemento LGTBI galego, a teoría queer, o transfeminismo, os novos retos do
movemento LGTBI ou o poliamor como modelo alternativo de relacións.
As xornadas contarán coa
presencia dos responsables federais de IU, entre outros Marga Ferré membro do
Consello Político Federal de IU, Alberto Hidalgo coordinador federal de
ALEAS-IU e Ascensión de las Heras, deputada de IU-Izquierda Plural no Congreso.
Dende a executiva de Esquerda Unida e para o coordinador
nacional de ALEAS-EU Gabriel Rodriguez, estas xornadas supoñen unha gran
oportunidade para pensar os novos desafíos do movemento LGTBI desde a esquerda e conectar a nosa loita coas
demais mobilizacións das maiorías sociais que xa están na rúa facendo fronte á
crise do Réxime. Son unhas xornadas abertas, destinadas a militantes, acivistas
e persoas interesadas en xeral.
Pola súa banda, a
coordinadora nacional e deputada de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, manifesta que
“a loita do movemento LGTBI nestes momentos de recortes tamén de liberdade,
segue a ser para EU, un compromiso en defensa dos dereitos de homes e mulleres
para vivir a súa vida afectivo-sexual como cada un considere”.