Ademais diso, este bispo aproveitou a ocasión para refrendar as palabras pronunciadas o pasado 7 de Abril de 2012 na homilía retransmitida por TVE sobre a homosexualidade e o aborto. Así, asegurou que o día no que se deroguen as leis que regulan a interrupción voluntaria do embarazo haberá un “grito de liberdade”, e que “probando” as rapazas e os rapaces poden incluso chegar a se “prostituíren”. En verbas do propio bispo: “Falaba de nenos que levados por unha ideoloxía poden dubidar da súa condición e identidade sexual e que ás veces pode levar a que un probe se é dunha maneira ou doutra”.
A Área de Liberdade de Expresión Afectivo Sexual (ALEAS) de Esquerda Unida amosou o seu “rexeitamento e estupor” ante tales declaracións, que a xuízo supoñen un “novo insulto ao colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais, a quenes se ataca sistemáticamente dende os púlpitos por non se axustaren ás prácticas afectivo-sexuais reguladas pola Igrexa Católica”. Da mesma maneira, ALEAS-EU rexeitou as verbas referidas ao aborto, “que non pretenden senón un retroceso nos dereitos reprodutivos conquistados polas mulleres”. Para a Área de Liberdades Sexuais de EU “o dereito á interrupción voluntaria do embarazo debe ser unha decisión tomada libre e soberanamente polas mulleres e apoiada e protexida polas leis estatais, non polas altas esferas de ningunha confesión relixiosa”.
Unha vez máis, ALEAS-EU defende decididamente “toda medida dirixida a promover a igualdade, o respeto e o compromiso cos dereitos e liberdades sexo-afectivas das personas, sexan aquelas da orientación que sexan, en perfecta armonía coa doutrina dos Dereitos Humanos e a vixente lexislación internacional”. E nesta liña lamentamos a “falta de firmeza, de responsabilidade e de vontade política” do Goberno do Partido Popular ante a necesidade de revisar as relacións bilaterais entre o Estado e a Igrexa Católica, “permitindo que ésta siga conservando unha posición de privilexio social que atenta contra o recoñecemento da igualdade das diversas realidades afectivo-sexuais”.